|
Un dos proxectos finalistas dos premios Grande Área de Aportación á Arquitectura, outorgado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, corresponde a unha vivenda localizada no Concello de Mos. É por este motivo que dende o vindeiro xoves, día 17 de xuño, ata o 30 deste mes, estará instalada nos exteriores do Pazo dos Marqueses de Mos unha exposición dos proxectos finalistas que se colocarán en paneis expositivos.
Ademais do da vivenda mosense, os demais traballos finalistas son un de Vilaboa, outro de Tomiño, outro de Moaña e outro de Vigo, que contarán con cadansúa exposición, a mesma que estes días se ubicará en Mos, pero en diferentes datas.
|