Inicio > Ayuntamientos > Mos

Mos celebra a 'Festa da Rosa'

por VM - 14/06/2009
 
O xantar veciñal contou coa presenza de 600 persoas, segundo fontes municipais. REMITIDA.

O municipio de Mos celebrou este sábado, 13 de xuño, o día grande da 'Festa da Rosa'. Foron moitas as autoridades que se persoaron no recinto, como o presidente do Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas, Chema Figueroa, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro. A concelleira de Cultura, Sandra Temes, principal responsable da programación concertada para a celebración da máis importante festividade municipal, destacou, entre todos os actos previstos, "os xogos inchables para nenos e nenas que se instalarán fronte o pavillón Óscar Pereiro e que estarán dispoñibles totalmente gratis".

De todos modos, un dos momentos máis bonitos foi o do Xantar Veciñal, que contou coa participación dunhas 600 persoas, segundo dados municipais. Este ano, o prezo por persoa do menú, que era de 23 euros, quedou reducido a 15 euros ó subvencionar o Concello unha cantidade total de 8 euros por persoa, así mesmo os nenos e nenas menores de 5 anos puideron xantar de balde. Un menú que consistiu en empanada, polbo, carne ó caldeiro, sobremesa e café e a velada estará amenizada musicalmente en todo momento por unha charanga.

Temes quixo tamén resaltar a diferencia entre o xantar deste ano e o de anos anteriores. "As invitacións para o xantar estiveron dispoñibles para todo o mundo e non só para os cargos políticos e as súas parellas como ocorría antes, por iso este sábado sentámonos todos á mesma mesa sen que, como en edicións previas, os veciños vaian a comer para as súas casas mentres ven coma os seus dirixentes marchabamos de banquete", explicou a concelleira.

Actividades

Ás 10.00 horas, apertura dos stands expositores

de cada unha das parroquias de Mos; de 10.30 horas a 11.30 horas, recepción de ramos para o concurso (quen o desexe poderá contar co asesoramento dun experto para a presentación do seu ramo); ás 12.00 horas Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Petelos, cantada pola coral Novas Voces de Celado; ás 12.45 horas, pregón a cargo da campioa de España de Bailes de Salón, Patricia Martínez; ás 13.00 horas, veredicto do xurado e entrega de premios dos concursos de ramos de rosas, fotografía e murais; e ás 13.30 horas, concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso.

Xa pola noite, na parroquia de Mos haberá ás 21.00 horas un concerto do Coro Apóstolo Santiago no salón de actos do Pazo dos Marqueses de Mos, ás 23.00 horas, un concerto das orquestras Miramar e Charlestton no parque da Pesqueira; e a partires da medianoite, gran tirada de fogos de artificio.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com