Inicio > Ayuntamientos > Mos

Xunta, Concello de Mos e Deputación chegan a un acordo para salvar Asodifisi

por VM - 12/06/2009
 
A alcaldesa mosense declarou que 'xa temos unha solución para cubrir as necesidades económicas de Asodifisi durante o presente ano gracias á colaboración da consellería de Familia e Benestar que lle concederá unha subvención e por parte do Concello, gracias ó convenio que temos asinado coa asociación, recibirá 7.000 euros que lle serán abonados de inmediato para solventar grave problema de liquidez que padece'. REMITIDA.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella, a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, dous representantes da directiva de Asodifisi e unha educadora social desta asociación se reuniron este mércores, para por solución definitivamente ó problema de financiación que padece a Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos.

A alcaldesa mosense declarou onte que "xa temos unha solución para cubrir as necesidades económicas de Asodifisi durante o presente ano gracias á colaboración da consellería de Familia e Benestar que lle concederá unha subvención, ademais de garantirlle o ANTA (Programa de Axuda para o Transporte Adaptado); e por parte do Concello, gracias ó convenio que temos asinado coa asociación, recibirá 7.000 euros que lle serán abonados de inmediato para solventar grave problema de liquidez que padece". Ademais a rexedora local especificou que "a subvención do Concello poderana cobrar xa o vindeiro mes de xullo e os cartos da ANTA recibiranos en agosto".

Para solucionar tamén o problema a longo prazo, segundo informou Arévalo, "a consellería comprometeuse a asinar en setembro do presente 2009 un convenio para o vindeiro ano do que aínda se descoñece a cantidade exacta da aportación económica pero que sabemos que, xunto coa axuda municipal e unha subvención a maiores coa que xa se comprometeu a Deputación Provincial de Pontevedra, cubriranse as necesidades anuais da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi". Así mesmo a alcaldesa engadiu que "dende o Concello asumiremos o gasto de adaptar a nova furgoneta concedida a Asodifisi pola Deputación".

A rexedora municipal asegurou que "os representantes da asociación saíron contentos e satisfeitos da reunión porque, por fin, o futuro e a continuidade do labor de Asodifisi están garantidos". Tamén adiantou, xa para concluír, que "vaise intentar negociar coa Comunidade de Montes a posibilidade da cesión dunha parte de terreo para ampliar o centro e poder así homologalo, de xeito que a Xunta pase a asumir os gastos do persoal que alí traballa".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com