|
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará 457.000 euros á recuperación e mantemento de espazos naturais na provincia de Pontevedra, segundo aprobou hoxe o Consello da Xunta. En Mondariz levaranse a cabo actuacións no entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén e se invistirá preto de 120.000 euros.
A recuperación do entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén recibirá un investimento de 19.998,17 euros este ano e 100.000 euros máis en 2009 que permitirán levar a cabo actuacións de acondicionamento das marxes dos ríos como espazo de lecer. Neste senso, crearanse máis de 13 quilómetros de sendeiros fluviais que solventen as dificultades de acceso as ribeiras e a elementos de patrimonio local, tales como muíños ou canles de rego.
Ademais, os hábitats das marxes destes ríos están catalogadas como de interese comunitario, polo que os traballos se realizarán con medios manuais, respectando a vexetación autóctona da zona e eliminando, na medida do posible, especies exóticas introducidas. Estes traballos se complementarán coa sinalización dos sendeiros e a instalación de paneis informativos, tanto nas rutas como nos ecosistemas naturais existentes.
|