Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mondariz

A CIG acusa o alcalde de Mondariz de retirar parte do salario aos empregados municipais

por Vm - 19/07/2008

O sector local da Confederación Intersindical Galega, CIG, acusa ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, de retirarlle parte do salario aos empregados das oficinas municipais. A través dun comunicado, o sindicato di que o rexedor local retirou a algúns traballadores das oficinas o plus de productividade que ata agora viñan cobrando e explica que este concepto retributivo fora negociado co propio alcalde no ano 2002 para cubrir, de xeito transitorio, a falla do complemento específico que non tiñan, nin ten, este persoal. "O alcalde, unilateralmente, sen previa negociación e ao máis puro estilo ordeno e mando, como consecuencia dun dos seus cambios de carácter habituais que padecen os empregados municipais, rompeu o acordo que tiñamos dende o ano 2002".

Así mesmo, a CIG engade que a única explicación que lles deu o alcalde foi que "hai malestar entre algúns traballadores e que a economía do concello non vai ben". Os traballadores que representa a Confederación Intersindical Galega aseguran non sorprenderse xa que dende o ano 2002 están a presentar propostas intentando chegar a acordos para regularizar a todo o cadro de persoal, "pero son rexeitadas e os acordos incumpridos pola súa parte, non se da presentado ao pleno o convenio que temos negociado dende hai tempo, non se están a apagar os trienios do persoal laboral, a día de hoxe non está aprobado o cadro de vacacións, ete. etc.."


O alcalde de Mondariz asegura, en contrapartida, que estas acusacións son falsas e que a maioría dos empregados seguen a cobrar o plus de productividade con normalidade. Alén puntualiza que nestes intres o concello está facendo un estudo dos horarios e funcións que desempeñan os traballadores do concello para establecer uns criterios á hora de conceder o plus de productividade. "É certo que algún traballador non está a cobrar a productividade pero porque os propios compañeiros nos pediron que estudaramos a situación xa que había algún traballador que cobraba este plus e non cumpría co horario. A alcaldía é o único que pode valorar a productividade".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mondariz- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com