Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mondariz

O 'Campaverán 08' de Mondariz aínda oferta prazas libres

por Vm - 10/07/2008

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Mondariz informa que todavía hai prazas para participar no Campamento de verán 'Campaverán 08', que está dirixido a nenos de 4 a 12 anos e celebrarase do 1 de xullo ó 31 de agosto, de 10.30 a 13.30 horas no edificio da Escola de Música de Mondariz (antiguo colegio Pé do Muíño). A cuota é de 50 euros todo o campamento ou 25 euros por mes.

Tamén está programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda o xoves 24 de xullo. A saída é ás 10.00 da mañá e a actividade está dirixida a todas as edades (cuota, 10 euros). No mes de setembro, precisamente no día 6, haberá unha excursión ás Illas Ciés. A cuota é de 15 euros para os nenos que teñan de 3 a 10 anos e de 23 euros a partir dos 11 anos. Inclui autobús, barco e visita guiada. Por último, do 22 de setembro ao 11 de novembro terá lugar o Curso de Galego CELGA 4 (equivalente ao curso de perfeccionamento en lingua galega). Será de luns a venres, de 20.00 a 22.30 horas.

Para máis información, contactar a OMIX a través do teléfono 986 656 058.

 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mondariz- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com