Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mondariz

Inaugurado o campo de fútbol de céspede artificial de Mondariz

por Vm - 28/06/2008

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde de Mondariz, Julio Alén, asistiron onte ó acto de posta en funcionamento do campo de fútbol de céspede artificial deste municipio, que conta cunha superficie total de 7.000 metros cadrados de herba artificial de última xeración e cun terreo de xogo de 100x62 metros, supuxo un investimento de 368.000 euros dos cales o 75% son financiados pola Deputación que fai unha achega de 276.000 euros e os restantes 92.000 euros, o 25% do custe, corren a cargo do Concello.

O proxecto para a dotación de céspede artificial ó campo de fútbol contemplara ademais a instalación de un xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes e un marcador. Pero ademais a Deputación executou obras complementarias consistentes na renovación das redes para evitar a perda de balóns; o pintado do muro que pecha o campo; a renovación do portalón de acceso; e o asfaltado e explanación do acceso ós vestiarios.

No campo instaláronse, ademais, canaletas para a recollida de augas e rego automático programable con seis canóns e cun alcance de 48 metros. O pavimento do campo está dotado de novidosos materiais de fibra e recheo. Ata agora, usábase recheo de caucho pero a Deputación decidiu instalar un material termoplástico que permite unha maior elasticidade.

O mantemento e conservación do céspede levarase a cabo conxuntamente entre Deputación e Concello, abonando os custos na mesma porcentaxe que nos custos de construción, 75% Deputación e 25% a administración local.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mondariz- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com