Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mondariz

A Entidade Local Menor de Queimadelos inaugura unha Axencia de Lectura

por Vm - 08/06/2008
A xornada pechouse coa actuación lúdica da Contacontos 'María dos Contos'. REMITIDA.

A Entidade Local Menor de Queimadelos (Mondariz), que preside o nacionalista Manuel Portas, vén de inaugurar a Axencia de Lectura da parroquia. Ao acto inaugural asistiu o director Xeral de Creación e Difusión Cultural da consellería de Cultura da Xunta de Galiza, Luís Bará Torres, quen destacou a aposta pola promoción e o achegamento da cultura a todos os niveis.

A Axencia conta xa con máis de 2.000 volumes e un moderno e acolledor equipamento que compartirá espazo en breve cunha aula de informática na que se pretende "achegar aos veciños as novas tecnoloxías, especialmente a aqueles que viven no rural, que son os que teñen máis dificultades para acceder a esta ferramenta imprescindibles hoxe en día", según afirmou o alcalde pedáneo Manuel Portas, quen tamén salientou a importancia de seguir achegando aos veciños e veciñas todos os servizos actuais que redunden na mellora da súa calidade de vida.

O acto inaugural contou coa presenza de case un cento de persoas, o que fixo que o local quedara pequeno para acollelas a todas. A xornada pechouse coa actuación lúdica da Contacontos 'María dos Contos' para ledicia de cativos e maiores, que levou a cabo unha actuación con referencias á necesidade de protexer o medioambiente. A Entidade Local agradece a colaboración dos veciños para sacar adiante a iniciativa.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mondariz- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com