Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mondariz

Veciños de Sabaxáns alertan de que dúas canteiras e un parque eólico ameazan a Cotodeira

por Vm - 27/05/2008
Veciños de Sabaxáns organizaron unha marcha o pasado domingo. REMITIDA.

Os veciños de Sabaxáns (Mondariz) alertaron esta semana nun comunicado de que no lugar de Cotodeira preténdese poñer en explotación dúas canteiras e un parque eólico. Destes tres proxectos, "temos únicamente" información pormenorizada dun dos proxectos, o promovido pola empresa graniteira Miñor Granitos SL, "cuxo Estudo de Impacto Ambiental (EIA) afirma en falso que non existe ningún ben cultural merecente de proteción no ámbito", algo que xa foi denunciado polos veciños de Sabaxáns o pasado mes de marzo.

O pasado domingo, un centenar de veciños organizou unha subida reinvindicativa a pé a Cotodeira, data na que se celebraba o 'Día Internacional en defensa das Montañas'. Neste privilexiado espazo natural -situado entre Mondariz e Fornelos- levántase o único foxo do lobo dobre que se coñece en Galicia, existindo referencias documentais que proban a súa existencia, cando menos, desde o ano 1664.

Os veciños de Sabaxáns recordan, no mesmo comunicado de prensa, que a finais do mes de marzo o Pleno da Corporación do Concello de Mondariz aprobou por unanimidade instar á Consellería de Medioambiente a incluír Cotodeira na Rede Natura 2000 da Unión Europea e incluír os foxos do lobo das parroquias de Gargamala e Sabaxáns no Catálogo Municipal de Bens Culturais Protexidos.

A marcha a pé, que incluíu unha visita guiada aos foxos e ao medio natural no que se insiren, contou coa colaboración e apoio da Asociación de Veciños Xabriña de Mondariz e do Grupo Ecoloxista Adenco. Para esta ocasión un grupo de veciños da parroquia limpou e desbrozou o contorno dos foxos, "de tal maneira que o domingo poderemos ver perfectamente este magnífico e extraordinario exemplo de patrimonio etnográfico".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mondariz- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com