|  | | | | | O director Xeral de Acción Social, Bieito Seara, estivo en Mondariz no mes de febreiro, visitando as obras do Centro de Día. | | | |
O BNG de Mondariz acusou o Goberno local de “por en perigo” a apertura do Centro de Día a pesar do alcalde, Julio Alén, ter asumido, na última reunión mantida coa Xunta de Galicia no pasado mes de febreiro, o compromiso de “facer efectivo a integración do Concello no Consorcio Galego de Benestar no Pleno de marzo”.
O rexedor municipal rebatiu estas acusacións e lamentou a actitude do BNG por provocar ‘alarmismo’ nas persoas. “Para nada puxemos en perigo a apertura do Centro de Día”, dixo Alén que lembrou ademais que o PP, xa no ano 2004, encargouse das xestións para a compra do terreno no que se atopan estas instalacións. Julio Alén manifestou, nembargantes, que na próxima semana convocarase un Pleno extraordinario no que se aprobará a adhesión do Concello ao Consorcio.
O portavoz local, Xoan Carlos Montes Bugarín, lembrou que o BNG presentou nos últimos meses ata dúas mocións solicitando a entrada de Mondariz no Consorcio. No último Pleno, os nacionalistas volveron a presentan unha moción “pero o alcalde e o seu partido voltaron a votar negativamente”, polo que os nacionalistas acusan aos populares de utilizar os servizos dos cidadáns “como arma arroxadiza contra a Xunta de Galiza, tentando colgarse méritos para acadar un posto dentro do PP no lugar de atopar as mellores ferramentas de xestión na dotación de servizos os cidadáns, dicindo a todo que si pero improvisando constantemente as súas decisións”.
Julio Alén confirmou que no último Pleno non si puido aprobar a adhesión do Concello ao Consorcio porque había un informe xurídico do antigo secretario “que iba en contra e o BNG sabe diso”. Agora, a situación é outra, segundo o alcalde, porque “o novo secretario ten un informe favorable”.
O Consorcio Galego de Benestar está constituído, a día de hoxe, por 237 dos 315 concellos de Galiza.
|