02/08/2008 Medio Ambiente inviste 120.000 euros na recuperación de espazos naturais de Mondariz A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará 457.000 euros á recuperación e mantemento de espazos naturais na provincia de Pontevedra, segundo aprobou hoxe o Consello da Xunta. En Mondariz levaranse a cabo actuacións no entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén e se invistirá preto de 120.000 euros.
26/07/2008 Mondariz acolle este domingo a III edición da Baixada de Carrilanas Mondariz acolle un ano máis a Baixada de Carrilanas que xa vai na súa terceira edición. Será no domingo 27 de xullo, a partires das 16.00 horas no lugar das Paredes. Proba puntuable para o campionato galego en tódalas súas categorías. Durante a mañá farán unha exposición aquí na praza con motivo da feira dos domingos.
22/07/2008 Moita música no 'FestiVal 2008' de Mondariz Moita música e deporte en Mondariz nos primeiros días de agosto. No día 1 o público poderá disfrutar de 10.000 watios de sonido no 'Festival 2008' que levará ata á praia do Val os dj's Santi, Manuel.Pulido, Kike.García e Jorge.ak.alemán. Haberá tamén go-gos e agasallos sorpresa.
21/07/2008 O BNG pide á Subdelegación do Goberno que inste ao Concello de Mondariz a democratizar o rueiro O Grupo Municipal do BNG remitiu un escrito á Subdelegación do Goberno en Pontevedra solicitándolle que inste ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, a dar cumprimento, "dunha vez por todas", á Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura (BOE nº 310 do 27 de decembro de 2007), concretamente o establecido no seu art. 15, suprimindo do rueiro oficial os nomes do Generalísimo Franco e José Antonio Primo de Rivera.
19/07/2008 A CIG acusa o alcalde de Mondariz de retirar parte do salario aos empregados municipais O sector local da Confederación Intersindical Galega, CIG, acusa ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, de retirarlle parte do salario aos empregados das oficinas municipais. A través dun comunicado, o sindicato di que o rexedor local retirou a algúns traballadores das oficinas o plus de productividade que ata agora viñan cobrando e explica que este concepto retributivo fora negociado co propio alcalde no ano 2002 para cubrir, de xeito transitorio, a falla do complemento específico que non tiñan, nin ten, este persoal. "O alcalde, unilateralmente, sen previa negociación e ao máis puro estilo ordeno e mando, como consecuencia dun dos seus cambios de carácter habituais que padecen os empregados municipais, rompeu o acordo que tiñamos dende o ano 2002".