Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Guarda (A)
A emisora, que agora emite no 107.1, mellorou notablemente a súa cobertura o vencer as interferencias

Si Radio instala equipos propios de última xeración en Radio A Guarda

por Vm - 24/07/2008

A emisora municipal da Guarda, que realiza a súa programación en colaboración con Si Radio de Galicia desde 2006, instalou equipos de emisión de nova xeración propiedade de Si Radio co fin de mellorar a calidade do seu son, segundo un comunicado de Si Radio. A radio local, que emite na frecuencia 107.1 da FM, pode escoitarse agora con total claridade en todo o termo municipal guardés e practicamente sen interferencias nos veciños concellos do Rosal, Tomiño e Oia.

Así mesmo, a radio municipal ten previsto concluír as melloras dos seus estudos de programación local situados na Casa de Cultura da Guarda con apoio da dirección xeral de Comunicación Audiovisual co fin de darlle un maior uso aos mesmos. O Concello prevé, en breve prazo, concluír o equipamento en propiedade para a emisión local a maior parte do día.

Durante este verán a radio pretende realizar diversos programas desde a rúa con motivo das festas do monte e outros actos e tamén difundirá diariamente todas as actividades culturais e sociais organizadas polo Concello e colectivos da localidade, que poden dirixirse a emisora no enderezo de correo electrónico mailto:radioaguarda@sigalicia.com.

Si radio é unha rede de emisoras municipais que dá cobertura ao 90 por cento da poboación da provincia baixo a producción da empresa Condado Comunicación e prensa S.L.. En 2006 comenzou unha colaboración co Concello de A Guarda para poner en antena a radio local que estaba sen emitir naquela, sin embargo as emisión non tiveron unha total continuidade por diferentes problemas de carácter técnico que agora xa a solventan, según a empresa.

Entre os equipos instalados atopase un xerador de RDS -RADIO DATA SISTEM- que, entre outras funcions, posibilita a conexión automatica nas radios de coches con outras frecuencias de Si RADIO o deixar a zona de cobertura e cambia automaticamente para a frecuencia de A Guarda se o vehículo entra en zona de cobertura cando ben escoitando si radio.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Guarda- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com