Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Guarda (A)
Crean unha ruta urbana que terá folletos e un guía dos días a semana

A Guarda crea unha marca turística destacando Tegra, Portugal e a Natureza

por R. L. - 11/07/2008
Os concelleiros de Turismo e Patrimonio de A Guarda.

A concello da Guarda encargou unha marca para a posta en valor de tódolos recursos turísticos do municipio. A concellería de Turismo presentou o logo aos medios de comunicación. Segundo a concelleira Montserrat Magallanes, "era unha necesidade". Agora o logotipo aparecerá en tódolos os materiais (papelería, bolsas, bolígrafos e roupa) que o concello ofrecerá de balde aos visitantes e Turistas. Magallanes destacou do novo instrumento que resalta valores coma o monte Tegra, a vinculación do municipio co Norte de Portugal e o concepto de Natureza que recolle tamén o lema "A Guarda, horizonte natural", sen falta a representación do mar e o río. A concelleira afirmou que uns 4.000 euros custou a elaboración do concepto de marca. Agora, o segundo paso, afirmou Magallanes, vai ser elaborar o manual de identidade corporativa.

Pola súa parte, o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo, presentou tamén a ruta polo municipio. A ruta urbana, número 1, que percorre a Guarda medieval e moderna pola praza do reló, o Muro, as Benedictinas, e a Guarda mariñeira: o porto, rúa Malteses. A ruta urbana vai destinada a aqueles turistas que nunhas horas quere coñecer o imprescindible da Guarda. A ruta percorre a zona vella da vila e os lugares máis representativos así como algunhas das casas indianas máis relevantes do municipio. O concelleiro anunciou outros lugares como Casa da Cultura, Alameda, Via crucis, a capela da Guía que serán integrados noutras rutas.

A ruta urbana ten unha duración de entre hora e hora e media. Tódolos xoves e venres, ás 12.00 horas, con saída da praza do reló, o concello pon guías para facer acompañados esta ruta. Pola tarde haberá tamén outro guía nos castros do monte Tegra. Para aqueles que a fagan pola súa conta, editáronse 2.000 folletos explicativos da ruta que foron distribuídos en restaurantes e hoteis e noutros puntos de interese do municipio.

Para este sábado, día 12, en colaboración coa Sociedade de Amigos de Camposantos, o concello organiza unha ruta medioambiental chamada ruta da Ribeira do Miño que percorre enclaves de alto valor paisaxístico, etnográfico, faunístico e botánico. Esta será a terceira ruta xa que a primeira foi a ruta dos Marcos, tamén en colaboración coa Sociedade.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Guarda- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com