Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Guarda (A)

Vicepresidencia dotará ao Concello de A Guarda dun local de ensaio para os grupos musicais da zona

por Vm - 09/07/2008

A Vicepresidencia da Xunta e o concello da Guarda asinaron un acordo de colaboración para o acondicionamento e equipamento dun baixo para destinalo a local de ensaio. O espazo, que disporá dun estudo de gravación e unha cabina de gravación totalmente equipadas, estará situado na planta baixa do edificio do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, un inmoble de titularidade municipal.

En virtude do convenio asinado este luns entre o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, a Vicepresidencia achegará un total de 56.048 euros para o acondicionamento deste local. Esta nova infraestrutura pasará a integrarse na Rede Galega de Locais de Ensaio promovida pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude.

A día de hoxe son xa 16 os locais de ensaio que están abertos en Galicia. Nestas infraestruturas a Vicepresidencia leva investido en torno a un millón e medio de euros. Ademais, ao longo do ano 2008, entrarán en funcionamento outros 15 locais, cun investimento previsto de 1,4 millóns de euros, aos que hai que sumarlles outros 100.000 euros máis que corresponden a unha nova liña de axudas para o mantemento dos centros e mellora das súas instalacións e dotacións técnicas. A finais de ano haberá un en torno a 30 locais de ensaio, cuxo investimento ascende a case tres millóns de euros. A Rede Galega de Locais de Ensaio ten un dobre obxectivo: deseñar recursos, programas e equipamentos atractivos ás demandas da xuventude galega e traballar a canteira dos creadores emerxentes.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Guarda- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 43 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com