Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Guarda (A)

DJ's solidarios coa discapacidade

por Vm - 28/06/2008
O DJ francés Pascal Kleiman, residente en Valencia, vive e traballa sen brazos, utilizando tan só os seus pés.

'Mixers Music Festival 08' é o nome do evento ca Asociación de persoas con discapacidade do Baixo Miño - Vontade está a organizar e que previsiblemente reunirá a máis de 3.000 persoas no Antigo Campo de Fútbol Santa Negra, na Alameda de A Guarda o vindeiro día 4 de xullo. Durante máis de sete horas, e por primeira vez en Galicia, os afeccionados á música electrónica poderán gozar do talento de sete coñecidos DJ’s entre os que se atopan o francés afincado en Valencia Pascal Kleiman ou o holandés Olof Mengede, e ao mismo tempo demostrar a sua solidariedade. 

Este acontecemento pioneiro pretende acercar a discapacidade á sociedade en xeral, demostrando que independentemente das limitacións persoais, todas as persoas ten capacidades. Os propios mozos e mozas da Asociación Vontade, membro da Federación de persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI-Pontevedra), levan meses organizando este Festival co fin de recaudar fondos para as actividades da entidade. Para elo contan coa colaboración do Concello de A Guarda, Caixanova e La Caixa.

O prato forte será sen dúbida Pascal Kleiman, quen demostrará que a discapacidade non é un obstáculo cando se ten talento e capacidade de traballo. Este DJ francés, residente en Valencia, vive e traballa sen brazos, utilizando tan só os seus pés. Xunto a el actuarán tamén algúns dos DJ’s máis coñecidos da zona de Vigo e o Baixo Miño: André Vasquezs (Club Wamba); Chimo (Malizzia – Pide Pista); Maury (Discoteca Troll – Terraza Paradise); e DJ Anabel (que reside en Inglaterra e traballa nos mellores Clubes de música electrónica de Londres). Por outra banda, o DJ Botzh acompañado de Flydrums protagonizarán un espectáculo de música electrónica e percusión, tal e como o fan a miúdo no Clube Englobe. Pero ademais de música a noite estará amenizada con visuals e sorteos, todo elo presidido por unha barra de 30 metros de lonxitude.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e pódense adquirir de xeito anticipado no Amadeus (Tui) e en Xan Xerome (A Guarda) ou chamando ao teléfono 986 623 044.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Guarda- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com