|  | | | | | A asociación ábaco organiza a XIII Festa do Roscón de Xema e máis a I Mostra do Comercio, Industria e GastronomÃa A Guarda 08. REMITIDA | | | |
A Guarda celebrará o vindeiros 28 e 29 de xuño a sú tradicional Festa do Roscón de Xema, que vive este ano a súa décimo terceira edición. A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios, ábaco, organiza a festa dende o ano 2006 e cada vez conta con máis visitantes e persoas achegadas de moitos lugares para degustar o postre por excelencia do Baixo Miño. O ano pasado servíronse máis de 2.100 racións de roscón na edición que tivo como colaboradores principais os confiteros da Guarda e máis a concellería de Industria e Comercio que dirixe Monserrat Prado.
O pregón da Festa estará a cargo de Guillermo Campos Piñón, recoñecido xornalista do mundo de Gastronomía. Logo deste e de inaugurada a mostra, realizarase o I Concurso de Rosca Caseira, outorgando premios e mencións a todos os participantes.
I Mostra do Comercio
Este ano a novidade principal é a celebración conxunta da festa coa primeira edición da Mostra do Comercio, Industria e Gastronomía A Guarda 08. Trátase dunha mostra multisectorial, onde se poderá apreciar a calidade dos produtos que se poden comprar no comercio local, a industria guardesa e a variedade e calidade da gastronomía da zona.
Segundo un comunicado de ábaco, os obxectivos da asociación con estas iniciativas baséanse en "dinamizar o sector turístico e comercial, realizar eventos de interese cultural e gastronómico, valorizar as tradicións gastronómicas e culturais con importancia turística, cara á dinamización e crecemento económico da bisbarra, revalorizar a gastronomía tradicional, como un dos piares que identifican un pobo, invitar ao público en xeral a visitar, coñecer, pasear, comprar e vivenciar A Guarda como destino turístico de desfrute integral, demostrar que as actuacións de promoción do comercio baseadas na cooperación, o asociacionismo positivo e a conxunción de esforzos, dan resultados, potenciar o fluxo de compradores mediante actividades de impacto e facer promoción dá cidade como punto de compras e turismo de calidade".
Un total de 36 stands de diferentes establecementos do Baixo Miño distribuiranse na carpa montada para o evento, para que podan expór e vender o seus produtos. Nesta, preténdese que estean representados os diferentes sectores dá actividade comercial: moda, complementos, decoración, fotografía, lenzaría, regalos, seguros, inmobiliarias, etc. Ademais o sector de gastronomía tamén estará representado polos diferentes restaurantes, panadarías e confitarías participantes. Entre a Hostalaría realizarase unha "mini-ruta da tapa" cos restaurantes presentes no evento, presentando cada un de eles tres tapas diferentes.
Co fin de atraer o maior número de público posible, e coñecedores de que os nenos necesitan distraerse mentres que os adultos realizan as súas compras, se habilitará un espazo dentro da carpa con talleres para nenos, nos que se realizarán actividades para todas as idades a cargo de monitores especializados. Os mesmos terán unha duración de tres horas cada un, realizándose dous o día sábado e outros dous o domingo. No seu exterior, disporanse inchables nos cales os nenos terán a oportunidade de divertirse, sempre vixiados por monitores.
A carpa contará ademais con vixilancia, ofrecendo deste modo garantías de seguridade a todos os expositores. Coas compras, entregaranse billetes numerados cos que se participará de sorteos. |