|  | | | | | Con esta actividade formativa pretendeuse dar a coñecer ao alumnado a principal lexislación e os conceptos básicos en materia de prevención. REMITIDA. | | | |
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) clausurou o pasado xoves o curso de prevención de riscos laborais que comezara o 12 de maio. A presidenta da entidade, Carmen María García Braga sinalou que a prevención de riscos laborais debe ser un obxecto prioritario para todas as empresas, "co fin de mellorar as condicións de traballo e reducir o máximo os índices de sinestralidade.
García Braga engadiu que dende a entrada en vigor da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais ACIGU, en colaboración ca Confederación de Empresarios de Pontevedra, impulsa a información e sensibilización empresarial nesta materia, levando a cabo distintas accións de información, formación e asesoramento. Con esta actividade formativa pretendeuse dar a coñecer ao alumnado a principal lexislación e os conceptos básicos en materia de prevención, así como facilitar as ferramentas e coñecemento necesarios, para unha correcta xestión preventiva na empresa.
Por outra banda, ACIGU realizará o próximo 25 de xuño un curso de manipulación de alimentos, que impartirase na sede da entidade a partires das 17.00 horas. O curso é dirixido ao sector multisectorial. Toda aquela persoa interesada terá que anotarse nos teléfonos 986 611743 – 986 609025 xa que as prazas son limitadas.
|