Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Guarda (A)

A asociación 'ábaco' adianta a aparición da súa guía comercial

por Vm - 27/05/2008
Portada del callejero. REMITIDA.

Debido á enorme repercusión da I Ruta do Pincho organizada por ábaco, que trouxo unha grande cantidade de participantes dende outras bisbarras, a Xunta Directiva de 'ábaco' decidiu adiantar a aparición da súa guía comercial, e así colaborar cos turistas participantes.

Dentro dos obxectivos de ábaco está impulsar á Guarda como un destino turístico de calidade, ademais de dinamizar e publicitar o pequeno comercio local, para o que vén realizando diversas campañas.

Como parte da campaña denominada "A pé de rúa", ábaco edita, un rueiro comercial, actualizando datos locais, entre os que está:

un listado de socios de ábaco organizados segundo a súa actividade comercial, teléfonos de interese de servizos locais como Oficina de Turismo, Policía Local, Protección Civil, Centro de Saúde, sen esquecer o da nosa sede, e zonas de interese a visitar para descubrir o encanto de A Guarda, organizadas a través de rutas:

Ruta 1:

Porto

1-Lonxa de peixe

2-Artes de pesca

3-Monumento ao mariñeiro

4-Antigo barrio pesqueiro

Praza do Reló

5-Concello

6-Torre do reló

7-Antiga casa dos Alonsos

Igrexa parroquial

8-Igrexa parroquial (S.XII)

Centro urbano

9-As de Copas

10-Alameda

11-Centro Cultural

Castelo de Santa Cruz

12-Castelo de Santa Cruz (S.XVII)

Ruta 2:

Monte Santa Trega

13-Rutas de senderismo

14-Poboado Galaico-Romano

15-Petroglifos

16-Viacrucis

17-Ermida de Santa Trega

18-Miradoiros ao Estuario do Miño

Outras rutas:

A Guarda-Oia-Baiona

-Mosteiro de Oia

-Faro de Cabo Silleiro

-Parador de Baiona

A Guarda-O Rosal

-Muíños do Folón-Picón

-Ruta do viño

-Praza do Calvario

-Igrexa de Sta. Magdalena en Eiras

A Guarda-Tui-Valença

-Catedral de Tui

-Zona monumental de Tui

-Murallas de Valença

Este plano de empresas e servizos é unha iniciativa que intenta reforzar o coñecemento e valoración da oferta comercial e de servizos do tecido empresarial e comercial de A Guarda.

Conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Caixanova.

Editáronse un total de 20.000 exemplares que se distribuírán entre todas as empresas asociadas.

Pódense solicitar ademais, na sede da Asociación ábaco, na rúa Manuel Lomba 7 -A Guarda

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Guarda- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com