|  | | | | | Outro dato a ter en conta, segundo o estudo presentado por ACIGU, é que un 99% dos enquisados demanda a necesidade de remodelación urxente da praza de abastos por o mantemento do comercio adxacente. REMITIDA. | | | |
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) presentou esta semana os resultados dun estudio sobre o sector neste municipio, que detectou entre outras que A Guarda necesita unha maior iluminación nas rúas, os accesos por estrada son deficientes e que a maioría dos enquisados demandan con urxencia un aparcamento subterráneo polas dificultades actuais a hora de aparcar e un maior control da carga e descarga xa que inflúe no trafico rodado da poboación. Outro dato a ter en conta é que un 99% dos enquisados demanda a necesidade de remodelación urxente da praza de abastos por o mantemento do comercio adxacente.
A presidenta da ACIGU CCA, Carmen María García Braga, dixo que dende principios de ano a entidade contrata á empresa Estrategias de Mercadotecnia para a realización de diversos estudios co obxectivo de analisar "as nosas necesidades comerciais e do entorno comercial". Por outra banda, engadiu que a Asociación de Empresarios de A Guarda traballa para desenrolar e potenciar ACIGU Centro Comercial Aberto.
José María Seijas Lopez, presidente da Federación Galega de Comercio, que estivo presente no acto de presentación do estudo, sinalou que "é importantísimo que o sector conte co apoio das distintas administracións xa que está vivindo un momento de ralentización e incertidume. Agora, máis que nunca, debemos botar man de todos os instrumentos que temos ao noso alcance".
O comercio de A Guarda integrouse este ano no proxecto promovido pola Federación Galega de Comercio para a implantación da norma de calidade UNE 175001-01, de Calidade de Servizo para o pequeno Comercio. Máis de 40 establecementos desta localidade autentificarán a seu compromiso e profesionalidade para mellorar a atención aos clientes, que se suman os preto do millar que terán o distintivo ao finalizar este proxecto. "En definitiva, trátase de garantir un comercio de calidade, polo que estamos a traballar dende a Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais e as asociacións como ACIGU", indicou.
Antonio Reguera Repiso, presidente da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, fixo referencia a gran importancia "que ten para nos o turismo, e que se a Guarda se ven primeiro a degustar a cociña, tamén se pode quedar a facer compras, polo que é importante manter un comercio de calidade". Nese senso, asegurou que a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra estará a disposición do concello e de ACIGU para calquera actuación pola mellora do comercio local.
O alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, comentou que sempre estará disposto a colaborar naqueles proxectos "no que sexa convidado". En relación aos resultados da enquisa expostos pola presidenta de ACIGU, destacou que xa se tratou dende o concello un proxecto para a mellora da iluminación de certa rúa de A Guarda, "non cabendo dubida de que para o concello é fundamental dar solución o tema do aparcamento e que xa se fixeron estudios para poder modificar o Plan Xeral e, deste xeito, darlle ubicación a este aparcadoiro subterráneo na rúa Manuel Álvarez, dende o As de Copas, ata a subida de Enrique Mª Sesto".
Por outra banda, informou que a consellería comenzará próximamente cas obras e preparación dos terreos para a construcción do polígono Industrial e tamén fixos referencia ao Plan director en materia de turismo que presentou o concello fai poucos días, "onde tamén quedaban reflexadas as necesidades e realidades do noso concello, e un futuro proxecto en materia turística que ten comprometido cunha empresa de Madrid". |