|
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza, como xa é tradicional todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo-, unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes –excepcionalmente ao anoitecer- dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento que se adxunta) e conta coa colaboración de diversas institucións.
Tres ciclos de xeiras
Este verán preparamos xeiras en tres ciclos con diferente tipoloxía. Xunto as xa clásicas rutas de sendeirismo por diferentes lugares do noso entorno que conforman o primeiro ciclo, iniciamos este ano saídas marítimas polo contorno próximo ao Val Miñor, con especial referencia á toponimia do mar.
Unha das saídas atende de maneira interdisciplinar á existencia na serra da Groba de vellos Foxos de lobos, de uso tradicional durante séculos. Relacionaremos esta saída (o día de San Lorenzo) coa observación do firmameto.
O martes, 7 de xullo, primeira das xeiras do verán 2009: Saída pola baía de Baiona no motoveleiro Nauja
As 18,30 horas do martes 7 de xullo sairá do peirao da Lonxa de Baiona o motoveleiro Nauja que, baixo a guía de Xosé Lois Vilar, nos levará pola mar de Baiona-Cabo Silleiro, con especial mención da rica toponimia creada polos mariñeiros durante centos de anos. O custe é de 18 €, e será preciso anotarse previamente no teléfono 629 11 41 62.
AS XEIRAS Verán 2009 DO IEM
|
Data e hora |
Saída |
Guías |
Punto de encontro |
|
7 xullo, martes
18,30 |
Saída pola baía de Baiona.
No veleiro Nauja. Prezo: 18 €* |
Xosé Lois Vilar |
Peirao da Lonxa. Baiona |
|
9 xullo, xoves
17,30 |
Polas ribeiras do río Muíños |
Fernando Lahuerta |
Local do IEM |
|
15 xullo, mércores
17:30h |
Ruta de sendeirismo circular por Peitieros e Morgadáns |
Antonio Lago
Xosé Ramón García |
Local do IEM |
|
23 xullo, xoves
17:30 |
Baiona histórica |
Carlos Méixome |
Praia da Ribeira de Baiona. Xunto estatua de Afonso VIII (“IX”) |
|
28 xullo, martes
20,00 |
Saída nocturna pola baía de Baiona. No veleiro Nauja. Prezo: 18 €. * |
Xosé Lois Vilar |
Peirao da Lonxa. Baiona |
|
30 xullo, xoves
17:30 |
Ruta pola fraga de Oliveira |
Xilberte Manso
Xosé Ramón García |
Praza de Sabarís |
|
6 agosto, xoves
17:30 |
Polo río Morgadáns: da Ponte das Animas aos muíños da Serra. |
Alfredo López |
Local do IEM |
|
10 agosto, luns
20:00 |
Noite de estrelas e lobos |
Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso, Enrique Alonso Blanco |
Praia de Santa Marta
Baiona |
|
20 agosto, xoves
17:30 |
Ruta de sendeirismo pola Portavedra |
Xilberte Manso
Xosé Ramón García |
Local do IEM |
|
27 agosto, xoves
20:00 |
Ruta polo río Vilar- A Pedreira |
Xosé Lois Vilar
Xilberte Manso |
Praia de Santa Marta
Baiona |
|
*. Paras as saídas marítimas é preciso anotarse previamente no tfno. 629 11 41 62. Durante o mes de agosto terán lugar outras dúas saídas marítimas pola baía de Baiona, con similares prezos, e datas que se anunciaran oportunamente. | |