Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Gondomar
Unha reedición dos libro de narracións “Da Agra Aberta”, un volume no que se recolle o poemario gañador de Carlos Negro e o bronce do escultor

O Iem presentou un número monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicado a Taibo

por Vm - 13/11/2008
No centro, o presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, xunto co director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome e o director da sección de lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño. REMITIDA.

Os actos en lembranza de Victoriano Taibo e de entrega do 1º Premio de poesía Victoriano Taibo–Entidade Local de Morgadáns foron presentados, en rolda de prensa, nas escolas de Guillufe, en Morgadáns, Gondomar. O presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome, e o director da sección de lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño deron a coñecer tamén as publicación que se darán a coñecer nas xornadas de homenaxe que terá lugar o venres 14 e o sábado 15 de novembro.

 No acto presentaron un número monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada a Victoriano Taibo, así como unha reedición dos libro de narracións de Victoriano Taibo “Da Agra Aberta” e o volume no que se recolle o poemario de Carlos Negro, gañador do 1º premio de poesía Victoriano taibo- Entidade Local de Gondomar. Así mesmo tamén deron a coñecer o bronce do escultor Fino Lorenzo que forma parte do premio.

Os actos en lembranza de Victoriano Taibo terán lugar nas Escolas de Guillufe de Morgadáns segundo o seguinte horario:

 O venres 14, ás 20 horas terá lugar a inauguración dunha exposición sobre a vida e a obra de Victoriano Taibo.
Posteriormente Miguel Anxo Mouriño presentará a reedición de Da Agra Aberta, última obra publicada en vida de Victoriano Taibo; mentres que José Luís Alonso presentará a Revista Monográfica de Estudos Miñoranos dedicada a Victoriano Taibo.Tres dos colaboradores nesta última publicación farán breves achegas a aspectos da obra de Victoriano Taibo, así a poeta Marta Dacosta falará sobre a obra poética, mentres que o profesor Manuel Forcadela nos achegara á obra narrativa de Victoriano Taibo e o académico e profesor emérito Xesús Alonso Montero, faláranos da biografía e da lingua de Victoriano Taibo.

 Para rematar esta xornada presentaranse dous poemarios de Victoriano Taibo: Cabrinfollas e Abicedo, ata agora inéditos.Será presentados por Armando Requeixo, que coidou da edición e polo seu editor Luís A.
Girgado.

Os actos serán presentados pola xornalista Araceli Gonda.


A xornada do sábado 15 comezará ás 18.30, no exterior das escolas de Guillufe, coa descuberta da placa en lembranza de Victoriano Taibo, realizada por Fino Lorenzo coa presenza de Francisco Fernández Rei (que ostenta a delegación do presidente da RAG), Carlos Méixome (director do IEM), Gloria Taibo e Miguel Rodríguez (filla e xenro de Taibo), Urbano Esmerode (presidente da Entidade Local de Morgadáns), de María Xesús Escudeiro, delegada provincial da Consellería de Cultura e Deportes, e Antonio Araúxo (alcalde de Gondomar).

 A continuación, no salón de actos das escolas de Guillufe o catedrático e académico Francisco Fernández Rei falará sobre Victoriano Taibo e a Real Academia Galega.

 Seguidamente procederase a entrega do Primeiro Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao autor premiado Carlos Negro quen lerá algúns parágrafo da obra premiada.

A continuación algúns veciños de Morgadáns que foron alumnos de Taibo e algunhas veciñas coas que tivo relación lembraran a súa figura e mesmo recitaran algúns dos seus poemas.

Rematará o acto cunha intervención de Gloria Taibo, filla do homenaxeado e do Alcalde de Gondomar, Antonio Aráuxo.

 Os actos do sábado contaran coa presenza do grupo de gaitas e de cantareiras Balcón do Miñor e serán presentados pola xornalista Araceli Gonda. Ao remate servirase un albaroque ou pincho no soto das escolas de Guillufe.

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Gondomar- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 2 votos
¿Cre que a crise económica farase sentir neste período de rebaixas?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com