Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Gondomar

A plataforma Gondomar Vive esixe ante Política Territorial a retirada das actuacións no municipio do Plan 'Vigo Íntegra'

por Vm - 11/09/2008

A plataforma Gondomar Vive reuniuse hoxe coa delegada provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Isabel Domínguez Quintás, e co director xeral de Medio Ambiente. Segundo un comunicado da plataforma, "estas reunións solicitadas pola Plataforma trasladouse o rexeitamento das veciñas e os veciños de Gondomar ás actuacións previstas no concello polo Plan Íntegra".

A Plataforma expuxo o "dano" que tales accións supoñerían sobre o conxunto do concello "ao destruír a unidade de paisaxe conformada polo fondo do val e o cambio substancial na calidade de vida dos seus habitantes". Fíxose especial fincapé en que estamos falando dunha poboación asentada en Gondomar que, en moitos casos, "elixiu este concello precisamente pola súa calidade de vida, que agora con este proxecto se vería irreversibelmente modificada".

Desde a Plataforma insisten en que "xa existe unha vía de comunicación co Baixo Miño, a actual autopista AP-9, que se se liberase da peaxe incrementaría notabelmente o seu uso". Tamén lle trasladaron á delegada que "estamos falando de 200 vivendas unifamiliares que son derrubadas ou quedan inmobilizadas", ademais dos danos ao patrimonio arquitectónico ou ao patrimonio social como a galescola, ou os edificios do centro da vila.

A delegada da COTOP reiterou as declaracións xa realizadas pola conselleira, María José Caride. Nesta entrevista patentizouse algo que desde a Plataforma se veu denunciando desde o inicio e "é o carácter de improvisación das propostas presentadas para Gondomar, que carecen dunha xustificación fundamentada e se concretan nunha proposta enormemente agresiva co territorio". A Plataforma agarda que a delegada da COTOP recolla e traslade á Conselleira as demandas dos veciños e veciñas de Gondomar. Demandas que serán reforzadas este sábado coa manifestación e a entrega das máis de 6.000 alegacións recollidas.

Pola súa parte, e sempre segundo o comunicado da Plataforma, o director xeral de Medioambiente "mostrouse receptivo a estudar as alegacións presentadas, pois entendeu o impacto que a nivel medioambiental supón este proxecto". A Plataforma explicoulle que non se atén á lexislación vixente e que é susceptíbel de ser denunciado no marco da lexislación europea.

A Plataforma Gondomar Vive fixo de novo "un chamamento a todos os veciños e veciñas a participar na mobilización que o día 13 sairá, ás 11.30 da mañá, do pavillón municipal (ao lado dos institutos) e percorrerá Gondomar até o Concello". A Plataforma manterá as mobilizacións até a retirada do proxecto.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Gondomar- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 85 votos
¿Cre que é positivo manter a ilusión dos cativos galegos, con 'tantos' agasallos dos reis, nestes tempos de crise?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com