13/11/2008 O Iem presentou un número monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicado a Taibo
Os actos en lembranza de Victoriano Taibo e de entrega do 1º Premio de poesía Victoriano Taibo–Entidade Local de Morgadáns foron presentados, en rolda de prensa, nas escolas de Guillufe, en Morgadáns, Gondomar. O presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome, e o director da sección de lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño deron a coñecer tamén as publicación que se darán a coñecer nas xornadas de homenaxe que terá lugar o venres 14 e o sábado 15 de novembro.
No acto presentaron un número monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada a Victoriano...
13/11/2008 Carlos Negro gaña o premio de poesía Victoriano Taibo do Iem
O Instituto de Estudos Miñoranos, Iem, outorgou, por unanimidade, o premio de poesía Victoriano Taibo ao poeta Carlos Negro, autor de 'Cultivos transxénicos'. Este premio, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros, escultura conmemorativa e edición da obra, será entregado no transcurso dos actos que se celebrarán na Escola de Guillufe os días 14 e 15 de novembro.O I premio de poesía Victoriano Taibo tivo unha grande acollida pois recibíronse 48 orixinais. Nunha primeira reunión de traballo, o xurado, composto por Urbano Esmerode, Carlos Méixome (ambos con voz pero sen voto), Gonzalo Navaza, Marta Dacosta e Araceli Gonda, elixiu nove orixinais finalistas, os titulados...
11/11/2008 Novos cursos textiles celebraranse en Gondomar
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, presenta a oferta formativa especializada para artesáns profesionais que se vai desenvolver durante a última parte do ano e que vai estar centrada no eido do téxtil. Nos meses de novembro e de decembro celébranse en Gondomar seis actividades de especialización en técnicas téxtiles, a finais deste mes celebrarase en Ourense un curso de encaixe e a comezos de decembro, Neda acollerá un encontro sobre encadernación artesanal.
Estas actividades forman parte dun calendario de formación especializada impulsado pola Consellaría a través dun apoio económico...
08/11/2008 O equipo de inclusión social da Oficina I+B de Gondomar organiza un curso de Competencias Persoais
Un grupo de persoas participantes do II Plan Galego de Inclusión Social recibirán nestes días un curso de Competencias Persoais en Gondomar, organizado polo equipo comarcal de inclusión da Oficina I+B da vila co obxectivo de desenvolver habilidades persoais eficaces para o emprego.
A formación, impartida no Centro de Desenvolvemento Local por entidades especializadas na atención a colectivos con dificultades sociais, comeza o vindeiro luns 10 de novembro e remata o día 21, despois de 30 horas nas que tratarán aspectos relacionados coa motivación, o traballo en equipo e o acceso ao mercado laboral. Os participantes son persoas derivadas á atención do II Plan de Inclusión polos servizos sociais dos...
05/11/2008 A Concellería de Igualdade de Gondomar promueve o 2º concurso de camisetas tintadas
A Concellería da Igualdade de Gondomar está a organizar o II CONCURSO DE CAMISETAS TINTADAS. Dita actividade está destinada a promover unha reflexión sobre a Violencia contra as mulleres, tan presente na nosa sociedade. Toda persoa interesada pode participar, a inscripción es gratuita, sendo preciso cubrir unha ficha e entregala no Centro de Información da Muller xunto coa camiseta.A temática a plasmar nesta prenda é a Violencia de Xénero, en libre estilo e forma de presentala. O prazo de inscripción é ata 11 de novembro. Os premios a entregar son: 1º Premio de 300€; 2º Premio de 150€ e 3º Premio de 100€. A entrega de premios se fará o día 25 de novembro as 12h nun acto público que tera...