Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Crecente

Deputación e Concello asinarán un convenio para mellorar o antigo acceso ó municipio de Crecente

por Vm - 07/08/2008

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Crecente asinarán un convenio de colaboración para executar obras de mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso ó municipio. O investimento previsto ascende a 753.054,46 euros dos cales a Deputación asumirá 602.443,56 euros e o Concello 150.610,90 euros, que serán financiados en tres anualidades.

A entidade provincial asumirá a licitación, dirección, execución e recepción da obra. Pola súa banda, o Concello deberá poñer a disposición da Deputación os terreos necesarios para poder levar a cabo os traballos, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes.

Unha comisión de coordinación, da que formaran parte responsables técnicos e políticos de cada administración, será a encargada de facer o seguimento, control e cumprimento do acordo.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Crecente- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 134 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com