|
Os concelleiros do PSdeG de Crecente, Javier Vidal e J. Luis Rocha, manifestan a través dun comunicado a sua "disconformidad" coa decisión unilateral do alcalde Julio Cesar García-Luengo Pérez referente os cambios producidos na regulación do tráfico no casco urbán "porque non preguntou, consultou, informou, nin se reuniu con veciños, comerciantes e incluso co pleno da corporación para dar a Orde de cambiar o sentido do tráfico,a través dun Bando da Alcaldía". Na opinión dos socialistas, "iso demostra que o diálogo non é precisamente unha das suas virtudes", mais ben "por decreto, mando e ordeno".
Vidal e Rocha consideran que ao decidir que a Rua Mon y Landa só tivese un sentido de circulación "non se tiveron en conta as consecuencias que iso tería", como por exemplo que os rapazes do Centro da ESO, tiveran que ir coller o Bus a carretera de abaixo ou que a empresa OJEA deixara neste punto aos viaxeiros, "sin ter unha parada autorizada e sin sitio material, no que non está garantida a seguridade mínima". Neste senso decir que os viaxeiros (mayormente persoas de idade e as veces con bultos) terán que subir a pé dende a Rectoral até o casco para coller un taxi que os leve aos distintos lugares, co cual o servizo queda bastante peor. "Entendemos por outra banda que con estas medidas se quere perxudicar o comercio local xa que en vez de poñer os medios para atraer a xente a noso pobo o único que se consegue é afastala", engaden.
|