|
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu onte no Pazo Provincial ó alcalde de Covelo, José Costa Díaz, un encontro donde analizaron o actual estado das expropiacións para o polígono industrial, "que marchan a bo ritmo", segundo asegurou o rexedor porque "seguimos tentando comprar terreos e xa hai un proxecto de expropiación", dixo.
Por outra banda, Costa aproveitou para solicitar a Louzán axuda na adquisición dun novo tractor-desbrozadora e un novo camión de recollida de basuras para o concello, posto que os actuais atópanse obsoletos. Neste senso, valorouse tamén a entrada de Covelo no consorcio de recollida de residuos urbanos que promove a Deputación, algo que o alcalde de Covelo "vería con moi bos ollos".
|