|  | | | | | A organización da V Festa dos Callos Caseiros de Maceira con Encarna López e o cociñeiro Bernardo de Campo. | | | |
Os callos e a música, muro de contención para manter a xente no recinto da festa, axudados pola mellor carpa que tivo esta festa. A pesar da mañá chuviosa, covelenses e visitantes achegáronse a Maceira co propósito de desgustar os saborosos callos caseiros desta quinta edición da festa gastronómica.
O pregoeiro o gastrónomo Carles Albert Ucha leu o pregón contra as dúas da tarde e como dicía o seu presentador con "coñecemento de causa xa que para entón degustara os soados callos".
Ucha asegurou que a idea de ofrecer algo caseiro é o xenuíno da festa. "Desde hace cinco años, Maceira es capital indiscutible de los callos caseros, un plato económico y rico donde los haya, tanto como tapa tabernaria o como plato para un buen almuerzo. Cuando Pepe Rodríguez, o como más se le conoce por ser de aquí Pepe Maceira, empezó con esta fiesta gastronómica algunos pensaron que estaba loco. Sí, señor. Con las gigantes industrias de la alimentación que lo invaden todo, con sus alimentos enlatados y ya preparados, parecía imposible poder competir. Pero, manos a la obra, todos los vecinos de Maceira se dieron cuenta que tenían un hueco en el mercado. La comida tradicional casera tiene futuro frente al ‘fast food’ o comida rápida. Así que ya van cinco ediciones de esta fiesta gastronómica y el futuro es muy halagüeño".
O pregoeiro fixo unha comparación das distintas variantes do prato entre Galicia e outra autonomías así coma outros países. "Digan lo que digan, los callos han de reposar, pero si la salsa pierde intensidad de color y brillo es que llevan su tiempo esperando al comensal". Ademais, o colaborador de Vm animou a ‘perder’ tempo na cociña facéndoos xa que é un "delicioso plato, económico y nutritivo, que ha alimentado a muchas generaciones".
Nas mesas xa estaban a degustar os callos en cazolas cunha cuchara de metal. Foi o caso de Antonio e Loly de Ponteareas. Este matrimonio non se perde unha festa dos callos en Maceira e contan no seu haber tantas como edicións ten o evento. Antonio comenta a Vm que a el os callos ‘industriais’ fanlle dano e non os quere e, sen embargo, estes caseiros tómaos con plena confianza.
De Salceda veu Santos e María os dous moi falangueiros e encantados de degustar as súas correspondentes racións. Berto e Luisa son tamén un matrinomio de xubilados. Luisa é natural de Albeos, Crecente. Estiveron traballando na casa que teñen alí porque durante a semana viven en Vigo, e a última hora da mañá chegaron a Maceira para tomar os callos caseiros. Marcharon incluso cunha ración máis para casa. Non faltaron un grupo de moteiros ponteareáns que tódolos domingos fan unha ruta e neste día recalaron en Maceira.
Tamén houbo visitantes ilustres como o covelense afincado en Oviedo Maximino Fernández Sendín, escritor e etnógrafo. O propietario do pazo Troncoso en Moreira, Ponteareas, Antonio Abreu e a súa dona, Rosa Mari. Tamén acudiu o etnógrafo rosaleiro Tamuxe e o cronista mondarizano ‘Kubala’. Entre os políticos estaba o nacionalista Sendín. O tenente de alcalde de Covelo, Pablo Castillo, estaba cun grupo de franceses dunha vila irmanada que pasan aquí uns días. O grupo incluso celebrou o cumpleanos dun dos membros que foi amplamente divulgado pola solista do grupo Talisman, Mari Carmen Vázquez, e contou cos aplausos de todo o público. Pepe Rodríguez ou Pepe Maceira organizador das catro edicións anteriores da festa tamén estivo presente e viña acompañando ao grupo de franceses. Maceira subiu ao escenario e recibiu un agarimoso aplauso.
Este ano organizados por Encarnación López, propietaria do bar Plaza, e aos fogóns Bernardo de Campo un grupo de vecinos preparou os callos en olas de cen racións cada unha. Segundo a organización, venderonse algo máis de 500 racións así como postres caseiros que prepararon as mulleres rurais.
Maceira viviu o día grande da Festa anual dos callos. Para o ano aseguraba Encarnación López "ímolo facer mellor pola experiencia adquirida e imos empezar con máis tempo". López fixo un balanzo positivo tendo en conta a adversa metereoloxía. |