|  | | | | | Esta 'menina' tamén sabe ser un bo espantallo. | | | |
A Asociación Cultural A Cañada da Arte presentará o vindeiro venres 9 de maio unha hermosa iniciativa que trata de recuperar a arte dos espantallos no municipio de Covelo. Deste xeito, do 9 ao 31 de maio, perto de cen monecos feitos para a ocasión espallaranse polas hortas de Covelo, baixo o nome de ‘Artespantallo’.
Os espantallos tiveron un cometido moi importante no pasado do rural, pola súa función de protexer as colleitas da "avaricia" das aves. Mais, a caza dos paxaros que se acercan as hortas ou o uso de elementos mais innovadores como poden ser botes e garrafas entrechocándose e producindo sons, deixaron completamente de lado as vestimentas arroupando estacas, engalanando a maioría das veigas.
Baixo o slogan Artespantallos, preténdese recuperar aquel paisanaxe no rural, unha tradición esquecida, quizais porque a despoboación e a avanzada idade de moitos labregos trouxeron o abandono dos campos. Como feito funcional, estético e realizado con certo cariño é unha idea para por en marcha e para retornar na altura das Pascuillas e de San Isidro, romarías vinculadas aos traballos hortícolas.
Segundo Colin Garrat no seu libro "Scarecrows" (1995) a orixe dos homes de palla é un tanto escuro e remóntase probablemente a Idade Media, onde certos ritos paganos constituían en sacrificar seres humanos como ofrendas a natureza, sexa como fora, as personaxes ían ser continuadoras desa antiga costume, adquirindo a función de aloxar ás aves e outros animais non desexados que puñan en perigo as colleitas.
A Asociación Cultural A Cañada da Arte, de ámbito nacional ven de poñer en marcha o evento ‘Artespantallos’ para reivindicar esta sinal de identidade dos pobos, revivir as antigas costumes, e dar coñecer os valores culturais, etnográficos, artísticos do municipio de Covelo, desafiando a artistas, colectivos, centros de ensino e mesmo veciños e colaboradores foráneos, maiores e cativos, para que realicen estas figuras esquecidas e revivir historias dos nosos antepasados.
Membros do colectivo con anterioridade colaboraran con outros grupos similares en rexións mais alá do Padornelo, unha experiencia positiva que queren repetir na comarca Paradanta, onde están afincados algúns dos membros, buscando coa proposta obter una sensibilidade e reflexión a hora de intervir no entorno rural e unha mirada renovada, diferente do que nos rodea, capaz de rescatar detalles e soster diálogos nas aldeas, algo sinxelo no que pode participar todo o mundo.
"Estrictamente falando, podemos considerar esta práctica como unha orixinal maneira de crear, xa que cada un pode facelo, ben empreñando roupas vellas como antigamente ou materiais desechaveis que teña a man" explica a presidenta de "A Cañada da Arte".
Recuperar do pasado a práctica habitual de colocar espantallos nas terras de cultivo do municipio de Covelo, de lado a lado, para que sexa visitada por xentes chegadas doutras localidades próximas é o obxectivo dos organizadores, así como fomentar unha ruta dos monecos, pasear pola mesma e entaboar conversacións con persoas das parroquia, encantar a paisaxe e a xente, vieiro que será publicado cando se acerquen as datas.
Segundo a pintora Rosario Palacios Orive, autora do cartel e dunha figura inspirada nas "Meninas" de Velázquez, situada ao carón dos canizos de Paraños, esperan dos cómplices que aporten toda súa imaxinación o primeiro certame de monecos, aqueles que tanto, escritores ou pintores se fixaron converténdoo en personaxe principal das súas historias.
Pequenos, grandes, feos para uns e outros se divirtan en algo creativo e diferente, podendo expenderse en edicións posteriores o resto dos concellos que integran a Comarca Paradanta.
Igualmente levaranse a cabo outras actuacións, como pode un concurso de fotografía, recollida de contos sobre a figura do espantallo e unha mostra coas imaxes captadas polo obxectivo. Durante a celebración programada para o mes de maio, entre os días 9 e 31, nenos e maiores poderán disfrutar da intervención de Celso Fernández Sanmartín, un contacontos das terras do interior que chegará cun espectáculo basado no libro "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas.
Segundo a organización, establecementos, casas de turismo rural da zona, veciños das parroquias A Hermida, Prado, O Castro, Paraños, Fofe, Costal, Campo, do conterráneo Mondariz e outros procedentes de Vigo, Ourense e Portugal foron verdadeiros entusiastas e colaboradores das construccións de figuras que distraerán os paxaros que voen durante estas xornadas baixo ceo de Covelo, aínda que según o refrán "o espantallo só dous días engana aos paxaros: aos tres cáganse nel." |