|  | | | | | Os organizadores da Festa do Lacón con Verzas e chourizo de Baldomar, Covelo, tamén apoian a Universiada. | | | |
Baldomar mantivo o tipo a pesar das inclemencias meteorolóxicas coas que comezou a xornada así como pola longa ponte de que se gozou esta fin de semana e que levou a moita xente a viaxar. Pero a pesar de todo, unhas dous mil persoas, segundo a organización, achegáronse ao pe da igrexa da Santa Cruz de Baldomar para degustar o lacón con verzas e chourizo que prepararon os veciños dun xeito moi profesional na súa quinta edición.
A cabeza da organización Benxamín Tovar que tamén participou, como gran afeccionado que é, no percorrido dos coches clásicos. Un total de 85 prototipos (moitos Seiscentos, Minis e algúns Mercedes antigos) desfilaron polo municipio detendose no aserradoiro hidráulico de Covelo e logo tamén noutro punto para repoñer forzas cun aperitivo. Desde as 12.15 que saíron no regresaron á carpa ata as tres e pìco da tarde. Así os conductores e pasaxeiros, en total unhas 200 persoas, tamén degustaron o lacón con verzas de Valdomar. Algúns dos coches y conductores levan xa varias edicións participando. Nesta ocasión celebrábase a cuarta edición.
A primeira hora da tarde, Tovar estaba satisfeito e sen xantar para estar atento a todo dispúñase a primeira hora da tarde a facer un sorteo de regalos entre os participantes no percorrido de clásicos.
Toda a mañá foi bule-bule baixo a enorme carpa. Lito o carniceiro non cesaba de cortar con maestría coa máquina os lacóns para logo ser cocidos. En grandes potas, preparábanse as verzas no mesmo lugar así coma os chourizos. Un exército de ‘camisetas amarelas’ non cesaba no empeño de atender ao público. A organización sorprendía as nais cun caravel vermello por ser o Día da Nai, en canto mercaban os tickets para que lles entregaran as racións. Non faltaron os da tarteira, aqueles que preferían consumilo na casa e levaban nunha tarteira varias racións. Logo unha bolsa co pan, vasos para o viño e café e os cubertos de metal, claro. E unhas botelliñas de viño ou ben refrescos e auga. A cola era rápida e o asento e mesa seguro. Os dos clásicos tiveron para eles sós unha longa mesa reservada. Dous conxuntos de música, desde o escenario, amenizaban o almorzo. No improvisado comedor non se renunciaba nin sequera ao café e tertulia de vagar.
Fóra vendedores de rosquillas beneficiáronse daqueles que mercaban como sobremesa os seus doces. Tampouco faltaron os clásicos vendedores de sombreiros e monecos do barato, barato.
En resumo, unha parroquia moi unida e organizada, uns verdadeiros profesionais da gastronomía popular, capitaneados por Benxamín Tovar. |