|
|
O BNG de Covelo non apoiará ningunha alegación conxunta co Goberno local en contra da explotación da Canteira de Campo |
|
|
| por Vm - 05/05/2008 | | |
O BNG de Covelo non apoiará ninguha alegación conxunta co goberno municipal do Covelo en contra da explotación da Canteira do Campo. O portavoz nacionalista, Francisco Rocha, criticou o Partido Popular por pretender presentar alegacións conxuntas co BNG “despois de conceder unha licencia de explotacion no ano 2005 e de non ter controlado os traballos de dita exploracion realizados pola empresa na canteira”. O nacionalista sinalou igualmente o PSdeG “posto que eles son tamén os culpabeis por dar a concesión do monte comunal a empresa mineira”.
Os nacionalistas presentaron alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente e consideran que tanto a consellería como o Concello son os que teñen que informar negativamente sobre a explotación desa canteira. Francisco Rocha advirte que a execución deste proxecto de canteira, no Macizo de Bidueiros, unha das zonas mellor conservadas da Serra do Suído, “suporía o tiro de gracia ós plans de diversificación e desenvolvemento sustentable”.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 87 votos ¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?
|
|
|
|
|