Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Covelo

Covelo vive a tradicional e multitudinaria romería da Virxe da Xestosa

por Vm - 04/05/2008

O Concello de Covelo vivirá este domingo día 4 de maio a tradicional e multitudinaria romería da Virxe da Xestosa, considerada como un dos actos relixiosos máis importantes no municipio. A romería da Xestosa celébrase na capela do seu mesmo nome, que se atopa encravada na paraxe do monte Faro de Avión, cota máis alta da provincia de Pontevedra e que fai límite coa provincia de Ourense.


O presidente da Xunta de Montes de San Salvador de Prado, José Muradás, conta que a capela construíse en duas fases polos veciños de Prado, a última pedra foi colocada no ano 1811 e conta cunha longa tradición milagreira. Os máis maiores da zona dín que o lugar ten efectos milagreiros no tratamento e cura de verrugas da pel e todo o relacionado cos malestares do corpo humán. “Dín, e isto é verdade, que frotando a pel afectada con pan, previamente mollado en auga estancada no sarcófago que existe no recinto do santuario, as lesións cutáneas desaparecerán transcorrido un tempo”.

A imaxe da Virxe da Xestosa desfila nunha procesión dende a igrexa parroquial de Prado percorrendo uns cinco quilómetros nunha caravana adornada previamente con flores naturais da zona. No lugar coñecido como Fonte Ronda, próximo á capela, terá lugar o encontro entre a Virxe que accede dende a igrexa parroquial e a Virxe que se atopa todo o ano na capela da Xestosa.


As misas na igrexa parroquial comezarán ás 09.00 horas, logo será a misa solemne con procesión ás 10.00 horas, seguindo con outra misa ás 11.00 horas e ás 12.00 horas. Ás 13.00 horas haberá misa con procesión.

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Covelo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com