|  | | | | | A Asemblea do Suído (FEG) denunciou ante a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel o depósito de terra e entullo no Coto de Aldir. | | | |
A Asemblea do Suído (FEG) denunciou ante a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel o depósito de terra e entullo no Coto de Aldir, a carón da estrada de Pazos a Toxedos. O tenente alcalde manifestou “non ter coñecemento” dese vertido, nembargantes recoñeceu outros casos de vertidos “que se realizaron con anterioridade” na estrada Covelo-Maceira. Pablo Castillo sinalou que actualmente no municipio hai 4 zonas de vertedoiros incontrolados “localizados”.
Segundo explican os ecoloxistas, o vertido incontrolado de refugallos de obra vénse repetindo dende hai moitos anos neste lugar, “sen que até a data o concello de Covelo teña buscado unha solución a este problema ambiental”. Así nestes días estase a verter a terra e o entullo da construción da estrada Covelo–Barcia de Mera.
A Asemblea do Suído recorda que a xestión de residuos “é de competencia municipal” e nestes intres o concello “é incapaz” de administrar os residuos que as súas propias políticas xera, “como os derivados da construción de novas infraestruturas e de novas edificacións, chegando a unha situación claramente insostíbel”.
Pablo Castillo repostou estas acusacións dicindo que dende o concello está en marcha o ‘Plan de eliminación de vertederos incontrolados’, que actuará “en todo o municipio” porque ésta é “unha prioridad” do programa de inversión do Núcleo de Sostibilidade Integrada.
Por outra banda, o tenente alcalde de Covelo afirmou que a Consellería de Medio Ambiente construirá un punto limpo “para este tipo de vertidos”, unha inversión superior aos 200.000 euros. O concello facilitará o terreno e xestionará esta infraestructura.
|