Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Covelo

Covelo publica o prego de condicións para crear a aula da natureza no Serradoiro dos Carranos

por Vm - 27/03/2008
O Serradoiro dos Carranos, en Covelo.
O concello de Covelo publica o prego de cláusulas administrativas que rexerá a adxudicación mediante concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a asistencia técnica para a redacción e execución do proxecto museográfico da aula da natureza e do patrimonio etnográfico do concello de Covelo no Serradoiro dos Carranos.

O presente prego constitúe o conxunto de instruccións, normas e especificacións que, xunto coas establecidas no correspondente Prego de prescricións técnicas, deben rexer na contratación para a realización da asistencia para a redacción e execución do proxecto museográfico da aula da natureza do Serradoiro dos Carranos.

Sinálase como tipo de licitación o importe do orzamento de execución por contrata sinalado no anteproxecto que ascende a contía de 40.842,99 euros. O obxecto do contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 451.625 euros. Aboarase o importe total do contrato, unha vez rematada a totalidade dos traballos contemplados no Proxecto Museográfico, e, así mesmo, unha vez comprobada a súa axeitada execución a través do pertinente informe dos servicios técnicos do concello e Axencia Local de Sostibilidade.

O prazo de execución da totalidade da proposta contida no proxecto museográfico será de cinco meses, contado a partir da data da sinatura do contrato e segundo o seguinte calendario de entregas: O Proxecto Museográfico deberá presentarse no prazo máximo de trinta 30 días. Ademais, aos cinco meses rematará a execución da totalidade das actuacións contempladas no proxecto museográfico e en todo caso antes do 28 de agosto e 2008. Todos estes prazos comezarán a contarse a partir da data de sinatura do contrato polo adxudicatario. A fianza provisional será polo 2 % do tipo de licitación, é dicir, de 816,85 euros.

Poderán concorrer por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, das que a súa finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, que tendo plena capacidade de obrar non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 20 do TRLCAP.

A adxudicación das obras ás que se refire o presente Prego realizarase a través do sistema de concurso público e procedemento aberto ao abeiro do previsto nos artigos 73 a 75, 85, 86, 90 e 208 do TRLCAP, e polos artigos correspondentes do RXCAP.

A Mesa de contratación estará integrada polo presidente que será o alcalde de Covelo ou membro da Corporación en quen delegue. Tamén formarán esta mesa de contratación os vocais, compostos por un membro da Xunta de Goberno Local, o arquitecto Técnico municipal, o axente Local de Sostibilidade do Concello de Covelo e o secretario- Interventor do Concello ou funcionario que o substitúa. Así mesmo, a secretaria exercerá a labor de Secretaría da Mesa un funcionario da Corporación.

A Mesa estará asistida polos técnicos asesores que se consideren necesarios, que informarán á mesma sobre as cuestións das súas respectivas competencias, e por requirimento da Mesa ou por propia iniciativa, pero sen dereito a voto. Poderán pedir, sen embargo que consten en acta as observacións que se considere preciso formular.

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Covelo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com