Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Covelo

Covelo contará cun punto limpo

por Vm - 27/03/2008

A consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible investirá 225.176 euros na instalación dun punto limpo no concello de Covelo. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración técnica e financeira entre a consellería e o concello para acometer o proxecto. As obras teñen un prazo de execución de tres meses e serán financiadas na súa totalidade pola consellería de Medio Ambiente.

O punto limpo instalarase nunha parcela xunto ao núcleo do Covelo, lindando co campo de fútbol da zona. As obras incluirán instalacións xerais, unha caseta de recepción e outra de almacén de residuos tóxicos e perigosos, axardinamento da zona, colectores e sinalización e peche do perímetro.

Con esta obra o concello de Covelo sumarase aos máis de cen concellos que actualmente contan con puntos limpos para a recollida de residuos, no marco do Programa de Rexeneración de Espazos Degradados cofinanciado pola Unión Europea, que inclúe un Plan Xeral de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros, co obxectivo de dotar aos concellos das infraestruturas precisas para  recollida selectiva de residuos.

As actuacións deste plan inclúen os programas de creación de puntos limpos, de instalación de contedores soterrados, de creación de vertedoiros de residuos de construcción e demolición e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos e limpeza de puntos de vertido incontrolado. No caso dos puntos limpos, o obxectivo dos mesmos é o de servir aos cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva de determinados residuos que, polas súas características, non poden depositarse nos contedores habituais, como é o caso dos electrodomésticos, mobles, aceites, baterías, materiais voluminosos, etc. evitando así  a súa acumulación en vertedoiros incontrolados.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Covelo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com