Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Covelo
O tenente alcalde, Pablo Castillo, di que foi a consellería de Industria quen concedeu a licenza e que o concello decretou a suspensión das obras

A Asemblea do Suido acusa o concello de Covelo de outorgar unha licenza para investigación mineira á canteira que “agora” critica

por Rosa Domínguez - 08/03/2008
Unha das zonas afectadas, o foxo de Sabaxáns.
A Asemblea do Suido di, a través dun comunicado, que o concello de Covelo outorgou no ano 2005 unha licenza para investigación mineira à canteira que “agora” critica. Segundo os ecoloxistas, o “máis grave” é que obviou a existencia de elementos etnográficos e arqueolóxicos de alto valor como chozos, parideiras, sesteiros e mámoas, xa que “soamente” se referiu na licenza ao conxunto do chozo de Barcia co foxo do lobo, “tamén danado” tralas obras doutra canteira que operaba “ilegalmente” dende 2003 e que esta asociación denunciou até a súa paralización.

Por iso, a Asemblea do Suído pídelle “explicacións” ao tenente alcalde, Pablo Castillo, polas súas declaracións xa que “non entende” por qué no ano 2005 estaba a favor da canteira e agora non. O problema do goberno municipal é que “nunca creu” nas demandas de protección da Serra do Suído e agora que a Serra do Suído vai ser por fin incluída na Rede Natura 2000, “quérense apuntar o tanto a pesar de non ter apoiado en ningún momento o traballo desta asociación e de tódalas demais persoas que si apostaron pola súa protección”. 

Na opinión dos ecoloxistas, dende o goberno municipal “puxéronse atrancos” a moitas das actividades desta asociación e ante as “agresións ambientais” no Suído -parques eólicos, canteiras, minicentrais- “responderon co silencio, cando non activamente como cómplices”.

O tenente alcalde, Pablo Castillo, confirma e aclara que a explotación contaba con unha solicitude de permiso de investigación feita ante a consellería de Industria en maio de 2001 e a autorización da Xunta de Montes de Campo (en forma de contrato privado de xullo do mesmo ano), “que foi utilizado para retirar todo tipo de pedra da zona con medios e procedementos tercermundistas”.

Unha situación que –recalcou Castillo- foi denunciada en marzo de 2002 polo Laboratorio de Arqueoloxía e formas Culturais de Universidade de Santiago ante a consellería de Cultura, sendo “notificado” o concello o 8 de abril dese ano, motivo polo cal e previo informe da policía local “emitiuse” decreto de suspensión das obras, retirada de materiais e maquinaria e instrucción do expediente de reposición o 10 de abril de 2002 e xaneiro de 2003. Posteriormente, “a pesar dos danos causados”, realizáronse os traballos de reposición da legalidade e adecentamento do entorno. Todos estes datos e documentos, sinalou o tenente alcalde, “figuran no expediente de infracción urbanística que calquera interesado pode consultar”.

Castillo añade que “debe quedar claro” que a anterior explotación “non contaba” con ningún permiso de explotación que concede a consellería de Industria da Xunta de Galicia e “moito menos” con licencia municipal. Esta última sería “imposible” de outorgar sen a previa autorización autonómica e, “como ben sabe a Asemblea e os representantes da consellería de Industria”, o 70% das canteiras de Galicia “non dispoñen de autorización municipal”, incluídas as que están localizadas en concellos “gobernados polo BNG” como é o caso de Porriño. Por iso que é “necesario” aprobar o Plan Sectorial que determine as zonas de recursos e legalice as actuais explotacións.

De todos modos, dende o Concello aclaran que non están en contra das canteiras “xa que ponden ser unha fonte de ingresos para o rural”, pero consideran que o lugar proposto non é o adecuado “porque os beneficios económicos serían sempre moi inferiores as perdas materiais e inmaterial do proxecto, perdas que nunca se poderían recuperar”.

Castillo anima, inclusive, aos representantes da Asemblea do Suído que, “independentemente das ideas políticas e cos que comparto en parte a visión alternativa de costos e beneficios medioambientais”, a que sigan defendendo ante as consellerías da Xunta de Galicia “as agresións, perigos e ameazas ó noso patrimonio natural e etnográfico coa mesma decisión e intensidade que o fan ante o concello”.

 

 

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Covelo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com