Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Covelo
Os feitos xa foron presentados ante as consellarías de Cultura e Deporte e de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

A Asemblea do Suído denuncia varias “agresións” ao Patrimonio en Covelo

por Vm - 02/03/2008
As obras de acondicionamento e asfaltado da estrada do barrio de Carballeda, feitas polo concello, 'están a destruir' o Patrimonio de Covelo.
A Asemblea do Suído denunciou onte que o concello de Covelo está a destruir unha cruz de pedra e extrae de “xeito ilegal” terra do Castro de Covelo, no transcurso das obras de acondicionamento e asfaltado da estrada do barrio de Carballeda.

Segundo o comunicado enviado pola entidade, os feitos xa foron denunciados ante a consellaría de Cultura e Deporte e ante a consellaría de Medio Ambiente e 

Desenvolvemento Sostíbel.

Para a Asemblea do Suído estes feitos poñen de manifesto “a falla de interese” pola conservación do patrimonio, tanto natural como cultural, do concello de Covelo e a súa “falla de planificación”, caracterizada polo rumbo “errático e a improvisación”.


Concello


O tenente alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinalou que as obras de acondicionamento e asfaltado na estrada do barrio de Carballeda eran “moi demandadas” polos veciños “dende máis de 20 anos”. Pero manifestou que dende o concello xa se enviou unha notificación à Deputación de Pontevedra, encargada das obras, para “solicitar” a reparación da devandita cruz. Mentres iso non ocorre, o concello decidiu gardar as pedras no almacén municipal. Por outra banda, adiantou que se pretende acondicionar a zona facendo tamén unha fonte, “como o pediron os veciños”.

De todos modos, e non querendo restar importancia os feitos, o tenente alcalde dixo que o concello está “moi preocupado” coa futura instalación de canteiras que a consellaría de Industria “está tramitando” facer “no corazón” da Serra do Suido, precisamente no Foso do Lobo.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Covelo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com