Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Cañiza (A)

A Cañiza acolle un curso sobre o control de pragas e enfermidades na agricultura

por Vm - 23/06/2008

'Combater pragas e enfermidades na agricultura' é o nome dun cursillo gratuito que terá lugar o vindeiro venres 27 de xuño no Centro Comarcal A Paradanta (A Cañiza), dende as 16.00 ata as 20.00 horas.

Un curso que dividirase en dous bloques. No primeiro o tema será 'Iniciación á agricultura ecolóxica' e falarase sobre os efectos non desexados da produción intensiva, definición da produción ecolóxica; producións implicadas, lexislación, manexo do solo, control de pragas e enfermidades, manexo de malezas, caracterización do consumidor, potencial de mercado, diferenzas entre mercado convencional e ecolóxico, e presentación de fincas de horta ecolóxica, leite e carne de vacún.

No segundo bloque, titulado 'Recoñecer e combater as pragas e enfermidades dos cultivos', os contidos serán clasificación e control ecolóxico, o funcionamento do agroecosistema, leis xerais, ademais do recoñecemento de mostras traídas polos asistentes, etcétera.

As inscricións podénse facer no propio centro comarcal chamando ó número 986.66.33.29 ou por correo electrónico ccparadanta@comarcasdegalicia.com.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Cañiza- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com