|
Mañá mércores 4 de xuño, nas dependencias da Policía Municipal de A Cañiza comezará a funcionar das 9.00 ás 14.00 horas a Oficina móbil de baixas de veículos fora de uso da empresa 'Vigo Recicla' e que o primeiro mércores de cada mes desplazarase ata este concello para xestionar gratuitamente as baixas dos veículos fora de uso, segundo acordo asinado.
A documentación que teñen que presentar é fotocopia do DNI do titular, permiso de circulación e ficha inspección técnica ITV . Esta documentación tena que presentar o titular ou a persoa autorizado por el co seu DNI. A empresa encargarase de recoller os veículos. Tamén recollerá os veículos abandoados no municipio, "polo que se agradece que os veciños informen ó concello, dos que teñen coñecemento, para pasar a retiralos", se indica a través dun comunicado.
Poden chamar para informarse no concello da Cañiza 986 65 10 00 /01 ou ben en 'Vigo Recicla', 986 28 00 29.
|