Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Cañiza (A)

A exposición Galicia Dixital achega os últimos avances tecnolóxicos ata A Cañiza

por Vm - 27/05/2008
A exposición ofrece unha converxencia entre arte e tecnoloxía e achega o audiovisual e os multimedia á cidadanía, como estes nenos do CPI da Cañiza. REMITIDA.

Achegar os últimos avances tecnolóxicos ao concello da Cañiza. Este é o obxectivo da exposición itinerante 'Galicia Dixital', cuia inauguración tivo lugar hoxe pola mañá e na que estivo presente o subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo. No acto participou ademais o alcalde da localidade, César Xosé Mera Rodríguez, e un grupo de rapaces do CPI da Cañiza.

Conde Mouzo dixo que a Secretaría Xeral de Comunicación márcase dous obxectivos coa exposición. Dunha banda, "conseguir que os visitantes disfruten cunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnoloxías aplicadas ao mundo audiovisual de xeito lúdico". En segundo lugar, "a mostra serve de escaparate e ponte natural entre o traballo que están a desenvolver as universidades e as empresas galegas co resto da sociedade".

Así mesmo, o subdirector xeral sinalou que a mostra está pensada para que os seus visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, "o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades".

A exposición ofrece unha converxencia entre arte e tecnoloxía e achega o audiovisual e os multimedia á cidadanía, servindo de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e universidades galegas. As novas tecnoloxías introducen ao visitante nunha atmosfera especial que amosa unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ao visitante e que lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida. A exposición ofrece proxeccións e xogos en 3 dimensións, un tiraboleiro virtual, unha viaxe aérea pola nosa comunidade, e o can de fala galega Axóuxere, entre outros.

A exposición 'Galiciadixital', de entrada gratuíta, estará na Casa do Concello da Cañiza ata o 1 de xuño, con horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A mostra presentada na Cañiza é unha réplica da exposición permanente 'Galiciadixital' situada no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela pola que xa pasaron máis de 450.000 visitantes.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Cañiza- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com