Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Cañiza (A)

Galicia Dixital chega á Terra do Xamón

por Vm - 27/05/2008

O municipio de A Cañiza acolle dende hoxe 27 de maio a exposición itinerante 'Galicia Dixital'. A mostra inaugúrase ás 11.00 horas na Casa da Cultura. Organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración co Concello, o acto contará coa asistencia do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, o alcalde de A Cañiza, César Xosé Mera Rodríguez, e un grupo de rapaces do CPI da Cañiza.

Esta exposición, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e universidades galegas. A mostra está pensada para que os seus visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades.

Proxeccións e xogos en 3 dimensións, un canciño que fala galego, unha viaxe virtual polas festas máis importantes da nosa comunidade... sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ó visitante e que lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida.

Logo de visitar o Concello de Castro Caldelas, a exposición estará na Cañiza do 27 de maio ao 1 de xuño, con horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A entrada é de balde e para todos os públicos.


    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en A Cañiza- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com