|
A Consellería de Medio Ambiente traballa na "hipótese", segundo avanzou a voceira socialista de A Cañiza, Saba González Lorenzo, de construír unha nova depuradora "xeral" para o casco urbano de A Cañiza, estando únicamente a espera do que apunten os informes dos técnicos".
Mentres, o voceiro do PSdeG de A Cañiza, Luis Piña, o grupo ecoloxista ADEGA e representantes dos veciños da parroquia da Ribeira do Concello de Crecente estiveron reunidos co delegado de Medio Ambiente, Juan Froján, en Pontevedra, para abordar a "problemática" do Deva e Ribadil. Dende a Comunidade de Augas da Ribeira confirmaron que tiveron un encontro co delegado provincial de Medio Ambiente fai dúas semanas "e temos unhas expectativas moi boas", dixo José González. Éste adiantou que dende a consellería se pretende sanear todo o río Ribadil. Nese senso, e cara a que a parroquia teña auga, "vendrá un técnico que estudiará a mellor maneira para a captación da auga da traída".
Quedou claro no encontro de Pontevedra "que as augas residuais das industrias afincadas no polígono municipal ademais do tratamento correcto de cada empresa, teñen obrigatoriamente que ser tratadas por unha depuradora", engadiu Saba González, antes de formar parte da rede de sumidoiros da poboación –urbano-, e finalmente ser tratadas de novo pola depurado xeral.
A voceira socialista da Comisión Municipal criticou tamén as últimas declaracións feitas pola tenente alcalde de A Cañiza, dicindo que "ampararse en que se tiñan poucos cartos para non facer a depuradora do polígono é inaceptable" sabendo por un lado as cifras inversoras do Concello nos últimos 20 anos e por outro, segundo informou Saba González, cando se está pendente de percibir entorno a 1,5 millóns de euros pola venta de terreos industriais.
A tenente alcalde de A Cañiza manifestou o seu enfado ao enterarse que xustamente mañá (xoves), cando ela vai ter un encontro co delegado provincial, "saquen un comunicado de prensa dicindo que se vai construír unha nova depuradora". María Helena Fernández González dixo tamém que "menos mal que me enterei antes".
|