Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Cañiza (A)

O PSdeG de A Cañiza presenta outra denuncia na Confederación Hidrográfica do Norte pola contaminación dos ríos Deva e Ribadil

por Vm - 13/05/2008
A contaminación do río Deva na presa da minicentral. REMITIDA.

O Grupo Municipal Socialista presentou esta mesma semana outra denuncia na Confederación Hidrográfica do Norte e na Consellería de Medio Ambiente, na que se amosa de novo o estado de contaminación dos ríos Deva e Ribadil e a falta de mantemento da depuradora municipal de A Cañiza.


A voceira socialista, Saba González Lorenzo, critica que agora que a contaminación nos ríos Deva e Ribadil "está nunha situación limite" é cando o PP pon en escena a deputada Nava Castro e a Senadora Dolores Pan do PP para "enredar e tratar de confundir" de quen é o "causante e a responsabilidade" deste "caos medioambiental". González Lorenzo lembra que o seu partido leva 15 anos de denuncias de verquidos e do mal funcionamento da depuradora "é fixéronse oídos xordos dende as autoridades e dende o goberno municipal do PP de A Cañiza".


A única conclusión que poden chegar as representantes populares Nava Castro e Dolores Pan é que o causante é o responsable político desta "tremenda desfeita medioambiental" esta nas filas do seu partido e chamase César Mera. "¿Acaso van a pedir a recriminación do seu compañeiro de partido e Alcalde de A Cañiza desde a cámara baixa e alta do Congreso de Madrid ou estanse prestando a enredar e confundir?", pregunta a voceira, que acusa o rexedor de ser "un inconsciente medioambiental, xa que leva anos evitando tomar responsabilidades, creando infraestruturas municipais deficitarias, permitindo os verquidos e deixando no esquecemento á depuradora de A Cañiza".


A depuradora é "necesaria e imprescindible"

para o polígono municipal estaba proxectada e nunca se fixo. "A contaminación na Cañiza é un problema histórico creado e da responsabilidade de César Mera, e aínda que a Teniente de Alcalde estea pondo vontade creemos que é tarde e que debéronse tomar medidas moito antes, e non esperar o estremo de privar do uso da auga de consumo humano a parroquias do veciño Concello de Crecente". Se os verquidos se producen dende o polígono municipal de A Cañiza, "é responsabilidade do noso Concello dar unha resposta e poñer a súa parte na solución do problema creado aos veciños de Crecente".

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en A Cañiza- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com