Inicio > Ayuntamientos > Cañiza (A)
Saba Lorenzo, voceira da comisión executiva municipal, di que o mantemento da depuradora é “responsabilidade” do concello

Adega e os veciños de Parada e Valeixe volven a denunciar a contaminación do río Deva

por VM - 17/12/2007

A asociación ecoloxista Adega denunciou a semana pasada o estado de contaminación do río Deva, feito que ademais levan denunciando os veciños de Parada e Valeixe dende hai anos “e feito que propuxemos a debate reiteradamente nos plenos ordinarios do concello”, afirma Saba González Lorenzo, voceira da comisión executiva municipal.

No mesmo comunicado, Saba Lorenzo di que o mantemento da depuradora é “responsabilidade” do concello, “aínda que o  alcalde diga que non”. A voceira explica que durante o primeiro ano, despois de construír a depuradora, a Xunta de Galicia ocúpase do seu funcionamento pasando a mans do concello unha vez remate este prazo. “E é o concello o que elixe a forma de facelo, xa ben sexa a través dos operarios municipais ou dunha empresa subcontradada”.

Saba Lorenzo lembra que no pleno ordinario do 31 de agosto e no pleno ordinario do 26 de outubro preguntóuselle á corporación municipal, concretamente ao concelleiro de Medio Ambiente, Tomás da Silva Carbalho, “que non foi quen de contestar por si mesmo”, polo estado e mantemento da depuradora da Cañiza e polos verquidos nos ríos.

Por outra banda, e según consta na acta, o alcalde Cesar Mera respondeu e apuntou que a concesión do mantemento da depuradora estaba adxudicada á empresa privada Aquagest, “asegurando que asinaron un contrato con dita empresa para realizar análises nos ríos e regatos como medida de detección de verquidos ilegais”. Tal contrato “non existe” polo menos na páxina web de dita empresa, na que a mesma fai unha exposición dos concellos nos que ten concesións.

Outra cuestión son as previsións de futuro en relación coa depuradora. A resposta pública do alcalde ante esta denuncia “non é outra máis que botar balóns fora e evadir a súa responsabilidade por lei. A conciencia medioambiental do actual rexedor está máis que demostrada pola permisividade absoluta ante os verquidos e pola xordeira ante as reiteradas queixas dos veciños”, critica a voceira.

Saba Lorenzo garante que con dar un paseo polos arredores da depuradora “pódese ver o estado de abandono, os reactores biolóxicos sen fango, os lodos amontoados nunha esquina, verquidos de lixo e escombros nas cunetas, regatos con espuma e mal cheiro, a presa da minicentral contaminada...”.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com