Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Baiona

O Consorcio xestionará a Galescola e o Centro de Día de Baiona

por Vm - 18/04/2008
O xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, visitou onte as obras da futura Galescola de Baiona e do Centro de Día acompañado polo alcalde, Xesús Vázquez Almuíña, e polo tenente alcalde, Manuel Vilar.

O xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, visitou onte as obras da futura Galescola de Baiona e do Centro de Día acompañado polo alcalde, Xesús Vázquez Almuíña, e polo tenente alcalde, Manuel Vilar. Trala aprobación en pleno da adhesión ao Consorcio do municipio, ambas institucións ultiman agora o convenio de xestión para os equipamentos sociais da infancia e a dependencia que se están a construír na capital do Val Miñor con financiamento da Vicepresidencia da Xunta. 

As obras da escola infantil, que formará parte da Rede Galescola, están xa moi avanzadas e podería comezar a funcionar a finais deste mesmo ano, trala dotación de mobiliario e o proceso de selección de persoal que será convocado polo Consorcio en vindeiras datas. O centro ofrecerá un total de 82 prazas de educación pública e de calidade para nenos e nenas de entre tres meses e tres anos.

 

Por outra banda, o Centro de Día de Sabarís, no Camiño Real, será o primeiro en porse en marcha na Comarca do Val Miñor e contará con 30 prazas para maiores dependentes que recibirán unha atención profesionalizada e pública a partir dos primeiros meses do ano que vén, cando se prevé que rematen as obras que se están a realizar actualmente. 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Baiona- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com