|  | | | | | Louzán e Almuiña visitaron a estrada remozada. | | | |
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, inauguraron onte as obras de reparación da estrada Sabarís-Belesar executadas pola administración provincial como consecuencia dos desperfectos producidos polas riadas. A Deputación investiu nesta actuación un orzamento de 575.000 euros, segundo unha nota remitida pola Institución provincial.
As obras consistiron na construción de novas beirarrúas na zona máis poboada da estrada, canalización de pluviais, dotación de sinalización horizontal e vertical, pasos de peóns e mellora do firme da estrada. Esta mellora implicou tamén o ancheo do vial en 1,5 kilómetros. O traballo respondeu a dous principios: a prevención de inundacións (pois a auga procedía das choivas e de canles de fincas) e a humanización do tramo.
Almuiña destacou que as canalizacións levarán a auga ó río nun colector de 600 metros e Louzán lembrou a rápida intervención da Deputación nas riadas do ano pasado, actuando con brigadas e maquinaria propia.
Con esta actuación, mellorouse sensiblemente a seguridade vial dunha das estradas máis transitadas de Baiona, dando prioridade ó acceso peonil dos colexios enclavados na zona. No colexio de Sabarís, instalouse sinalización luminosa, bandas sonoras e pasos peonís, e no de Belesar melloraronse os accesos para dar prioridade ós peatóns e escolares.
Coa obra, a Deputación colaborou na execución de obras de saneamento na parroquia de Santa Cristina e Belesar. Actualmente, as brigadas de obras da Deputación traballan no acondicionamento de rúas e camiños de Baiona.
A Deputación investiu 200.000 euros na reparación do colector-interceptor da conca do Caeiro. Esta mellora posibilitará unha mellor drenaxe das augas procedentes da choiva e resolverá, en gran medida, os problemas de inundacións que padece a zona baixa de Sabarís, catalogada como zona urbana, ó desviar ó río as augas procedentes da conca do Caeiro.
| As obras tiveron un investimento de máis de medio millón de euros. |
|