Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Arbo
Segundo os nacionalistas, o documento establece a creación de 220 vivendas por ano, “cifra moi superior” á demanda

O BNG denuncia “graves” irregularidades na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Arbo

por Rosa Domínguez - 14/03/2008
O BNG de Arbo denuncia que o informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo é “demoledor” e detecta “graves” irregularidades.

Segundo o comunicado enviado polos nacionalistas, o documento establece a creación de 220 vivendas por ano, “cifra moi superior” á que sería necesaria para atender o aumento de poboación prevista o que provoca unha “desproporción” entre capacidade residencial e demanda previsible.

Por outra banda diversos ámbitos de solo urbanizable “afectan” a terreos que deben ser clasificados como solo rústico. Nese senso, catalóganse mal distintas categorías de solo rústico, como por exemplo, atópanse terreos polos que discorren cursos fluviais, estradas, bens patrimoniais e culturais, forestais ou agropecuarios etc.

A capacidade residencial nos núcleos rurais case duplica á do resto de solos e as delimitacións de moitos núcleos superan a distancia correspondente á zona tradicional do núcleo (50 metros) establecidas por lei “e lonxe de pretender a súa protección, mellora e desenvolvemento funden varios núcleos en continuos indiferenciados rachando a súa morfoloxía tradicional”.

As condicións de altura das vivendas en solo urbano establecidas en diversas zonas (baixo máis dúas plantas) “non son coherentes” coas características das edificacións actualmente existentes (baixo máis planta).

Tampouco se acredita a conformidade das distintas administracións ás que se lles atribúe parte do financiamento en infraestruturas viarias, zonas verdes e equipamentos.

Dende o BNG arbense lamentan, tamén, que o actual goberno municipal do PP elabore un novo plan urbanístico “ás agachadas” dos cidadáns e que “non atende” ás necesidades básicas de todos os veciños e veciñas, senón que prima “unha vez máis a especulación, o clientelismo e os intereses duns poucos”.

Hai que dicir que na Comisión de Seguimiento de este PXOM, ao igual que en calquer concello, existen representantes de todos os partidos políticos que constitúan a corporación, ademáis do equipo redactor.

Esa comisión tuvo acceso ao informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo dende fai cinco meses. A entrada en vigor da Ley de Evaluación de Impacto Ambiental obligou ao equipo redactor do plan a elaborar un informe medio ambiental, que xa está nas máns da Xunta.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Arbo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com