Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Arbo
Antes da implantación do alumeado, destacan as tarefas de demolición e movementos de terras, dotación de saneamentos e vestiarios

O campo de fútbol de céspede artificial de Arbo estrea alumeado

por Vm - 03/03/2008
O campo conta cunha superficie total de 7.000 metros cadrados de herba artificial de última xeración e cun terreo de xogo de 100x62 metros.

O campo de fútbol de céspede artificial anaugurou onte o novo alumeado cun partido que enfrontou aos equipos do Arbo e o Villarino. Entre os asistentes, non se perderon o encontro o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo vicepresidente provincial, José Juan Durán, o delegado de Deportes da Deputación, José Enrique Sotelo, e o alcalde de Arbo, Manuel Rivera. O acto serviu tamén para facer entrega ós xogadores do Arbo e mailo Villarino, de bolsas de agasallos con material deportivo. 

O campo conta cunha superficie total de 7.000 metros cadrados de herba artificial de última xeración e cun terreo de xogo de 100x62 metros. A Deputación investiu 475.033 euros na mellora do campo e nas últimas datas investiu 30.000 euros na mellora do alumeado. 

Entre as obras que se levaron antes da implantación do alumeado destacan as tarefas de demolición e movementos de terras, dotación de saneamentos e equipamentos, vestiarios, traballos no campo de fútbol e, finalmente traballos de seguridade e saúde, un graderío para 500 espectadores sentados, con cuberta. No terreo sobrante exterior habilitouse un aparcamento. O campo conta con céspede artificial e rede de drenaxe para eliminar a auga de chuvia, ademais da instalación dun novo sistema de iluminación. 

A Deputación executou obras complementarias como a renovación das redes para evitar a perda de balóns.




O proxecto para a dotación de céspede artificial ó campo de fútbol contemplara ademais a instalación de un xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes e un marcador. Pero ademais, a Deputación executou obras complementarias consistentes na renovación das redes para evitar a perda de balóns, o pintado do muro que pecha o campo; a renovación do portalón de acceso, e o asfaltado e explanación do acceso ós vestiarios. 

No campo instaláronse, ademais, canaletas para a recollida de augas e rego automático programable con seis canóns e cun alcance de 48 metros. O pavimento do campo está dotado de novidosos materiais de fibra e recheo. Ata agora, usábase recheo de caucho pero a Deputación decidiu instalar un material termoplástico que permite unha maior elasticidade.  

¿Por que céspede artificial?

Pola súa polivalencia, durabilidade e posibilidade de que o terreo de xogo soporte unha maior actividade deportiva que os campos de herba natural, xa que este tipo de superficie require uns coidados moito máis custosos, así como períodos de descanso para que a súa conservación sexa óptima. Así, as características requiridas para os campos de fútbol impulsados pola Deputación de Pontevedra son as axeitadas e específicas para a práctica deportiva tanto de alta competición como de uso intensivo, solventando as limitacións de tempo de uso que presentan outras superficies como a herba natural. Ademais, permitirán a súa utilización en todo tipo de condición climatolóxica. Deste xeito, minimízanse os labores de mantemento. 

Mantemento conxunto

Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo conxuntamente entre Deputación e Concello, abonando os custos na mesma porcentaxe que nos custos de construción, 75% Deputación e 25% a administración local. 
 
 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Arbo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com