|  | | | | | Rafael Louzán 'interesouse' en coñecer o traballo desta fábrica, consciente da importancia que ten esta actividade para preservar o medio ambiente. | | | |
O presidente da Deputación visitou hoxe as instalacións da fábrica Rivadil, situada no parque empresarial de Arbo, que é a única empresa en Galicia dedicada ó reciclaxe de plásticos. Rafael Louzán estivo na fábrica acompañado polo xerente, Guillermo Salgado, e polos socios Manuel Portabales e Ricardo Álvarez.
Rafael Louzán “interesouse” en coñecer o traballo desta fábrica, consciente da importancia que ten esta actividade para preservar o medio ambiente. Tamén co fin de coñecer máis a fondo unha labor como é a reciclaxe de productos que proximamente tamén impulsará a Deputación a través do ‘Proxecto Ecologistic’ que terá como obxectivo a construción dunha plataforma para o tratamento de residuos non perigosos. Segundo comentou Rafael Louzán, en vindeiras datas manterá novas reunións con representantes de Rivadil para estudar posibles vías de colaboración.
Plásticos Rivadil S.L. é a única empresa ubicada en Galicia dedicada ó reciclaxe de plástico. Está asociada á asociación nacional de reciclado de plástico Narpla e conta co selo de AENOR UNE-EN ISO 14001:2004 de xestión ambiental e a certificación no sistema EMAS (Eco-Management and Audit. Scheme ) cumprindo así con todas as normas ambientais establecidas e garantindo a máxima fiabilidade da empresa.
| O alcalde de Arbo, Manuel Rivera, e a candidata ao Congreso, Nava Castro, tamén estiveron presentes na visita. |
Rivadil S.L recicla material de polietileno e polipropileno, é dicir, embases plásticos, bolsas, embalaxes etc, procedentes tanto do desperdicio insdustrial, como do posto consumo por parte de grandes superficies. Traballan con todo tipo de empresas, de obras, agricultura, etc. A súa actuación permite que se poñan en circulación toneladas de materia prima que, de non ser tratadas causarían un gran impacto ambiental.
|