|
|
Segundo os nacionalistas, na explotación aurífera de A Lagoa, en Barcela, existen catro lugares onde se producen “acotío” verteduras de lixoO BNG de Arbo di que o “desgoberno” do PP leva á existencia de vertedoiros “incontrolados” |
|
|
| por Vm - 08/02/2008 | | |  | | | | | Os nacionalistas propoñen, a través dun comunicado, que o concello lle axude aos veciños a cumprir a lei. | | | |
O “desgoberno” e a “falla de iniciativa” do PP no concello de Arbo están a provocar, segundo os nacionalistas, que existan numerosos vertedoiros “incontrolados” espallados polos montes de tódalas parroquias arbenses. A través dun comunicado, o BNG de Arbo di que na explotación aurífera de A Lagoa (Barcela), donde hai un xacemento romano que está catalogado pola Xunta de Galiza, existen catro lugares onde se producen “acotío” verteduras de lixo e cascallos.
Resulta “evidente” que os veciños das parroquias que están alonxados do Punto Limpo non van levar alí os cascallos e a quinqualla “porque na súa maior parte non dispoñen de medios de transporte axeitados ou debido á súa avanzada idade non poden facelo”.
De todas maneiras, os nacionalistas propoñen que o concello lle axude aos veciños a cumprir a lei. É dicir, que poña en marcha unha recollida periódica por parroquias de todo tipo de cascallos e quincalla para levalos ata o Punto Limpo.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 46 votos ¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?
|
|
|
|
|