|  | | | | | Asà actúa o alcalde Besada ao estilo de antano... GP. | | | |
Seguen a chegarme comentarios das andanzas de Besada, o alcalde que é de Salceda de Caselas. Eu non sei se será porque lle falta o seu asesor o Carpetas, que cobra unha pasta gansa, e que debe estar de vacacións, ou polo seu natural talante, pero está demostrando á veciñanza quen é.
Esta vez tocoulle a unha salcedense que quería inscribir ao se bebé no rexistro municipal correspondente. Pero, amigo, o responsable desta área estaba de vacacións. Entón dixéronlle que o inscribise no Porriño pero ela non quería perder a vecindade do seu cativo en Salceda. De mala gana foi alí a O Porriño pero nada, logo a Salvaterra… En fin, toda unha peregrinación. Chamou a Xunta de Galicia e dixéronlle que o concello tiña a obriga de inscribila no momento. En fin, a muller intentou case todo, pero sen resultado. O último que se lle ocorreu, segundo a miña confidente, foi chamar a Besada e ameazarlle con que ía a denunciar o seu caso na TVG. Entón, si, entón Besada deu orde de que inscribiran ao seu bebé aínda que o funcionario correspondente estaba de vacacións.
¡Ole a xestión do BNG en Salceda! ¡Quince días para inscribir a un recen nado!
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |